La Gavarra
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Estación de Gavarra do metro de Barcelona.
La Gavarra é un barrio da cidade de Cornellà de Llobregat, na provincia de Barcelona. Limita cos dous polígonos industriais e coa estrada de Esplugues. Nel atópanse, entre outros, o CAP Bellaterra, a Biblioteca Central de Cornellà e o Colexio Sant Antoni Maria Claret.
Pódese chegar en transporte público a través da estación de Gavarra da liña 5 do metro de Barcelona. Ademais os autobuses urbanos 57, 67, 68, 94 e 95 e os interurbanos L46 e L74 tamén teñen parada no barrio.