Alisma lanceolatum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alisma lanceolatum With. é unha especie de plantas da familia Alismataceae.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta que difire de Alisma plantago-aquatica en ter follas lanceoladas a elípticas estreitándose cara ao peciolo. As flores son de cor morada-rosáceas con 6-8 mm de diámetro; pétalos internos agudos. Carpelos con pico curto que sae de cerca do ápice (pico longo que sae de cerca do centro en Alisma plantago-aquatica). Florece no verán.

Hábitat

Habita en ríos de augas lentas, estanques, quenllas e augas superficiais.

Distribución

É nativa de Eurasia e norte de África.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Alisma lanceolatum foi descrita por William Withering, e publicada en An Arrangement of British Plants, Third Edition 2: 362. 1796.[2]

Etimoloxía

Alisma: nome xenérico que xa se utilizaba na antiga Grecia, Linné tomouno de Dioscórides.

lanceolatum: epíteto latino que significa "con forma de lanza".[3]

Sinonimia
  • Alisma plantago-aquatica forma aquaticum Glück
  • Alisma plantago-aquatica var. lanceolatum (With.) Lej.
  • Alisma plantago-aquatica f. stenophyllum (Asch. & Graebn.) Buchenau
  • Alisma plantago-aquatica var. stenophyllum Asch. & Graebn.
  • Alisma plantago-aquatica f. terrestris Glück
  • Alisma stenophyllum Sam[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.gbif.org/species/2865125
  2. "Alisma lanceolatum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Sinónimos en Catalogue of life

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2000. Magnoliophyta: Alismatidae, Arecidae, Commelinidae (in part), and Zingiberidae. Fl. N. Amer. 22: i–xxiii, 1–352.
  • Hickman, J. C. 1993. The Jepson Manual: Higher Plants of California 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  • Hitchcock, C. H., A.J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1969. Vascular Cryptogams, Gymnosperms, and Monocotyledons. 1: 1–914. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  • Munz, P. A. 1968. Suppl. Calif. Fl. 1–224. University of California Press, Berkeley.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.
  • Flora of China Editorial Committee. 2010. Flora of China (Acoraceae through Cyperaceae). 23: 1–515. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]