Eleccións xerais de Polonia de 2001

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As eleccións xerais polacas do 2001 celebráronse o 23 de setembro. Para o Sejm, votou o 46.29%, 96.01% do cal contou como válido. Para o Senado, votou o 46.28%, cun 96.46% de votos válidos.

Nas eleccións os que obtiveron máis votos foi o partido de centro-esquerda Alianza da Esquerda Democrática. Pola dereita, a Acción Electoral Solidariedade (AWS), que obtivera 201 escanos en 1997, quedou sen ningún, repartíndose estes en parte por partidos saídos da AWS, Plataforma Cívica e Lei e Xustiza, con 65 e 44 escanos respectivamente.

A Autodefensa da República de Polonia (SRP) incrementou os seus votos substancialmente do 1997, obtendo 53 escanos, e poñéndose terceiro no seu debut no Parlamento. A Liga das Familias Polacas tamén logrou entrar no Sejm por primeira vez, con 38 escanos, detrás do Partido Popular Polaco.

Eleccións xerais de Polonia Sejm (Parlamento), 2001

Partido (en cursiva en polaco) % Escanos
Alianza da Esquerda Democrática Sojusz Lewicy Demokratycznej 41.0 116
Plataforma Cívica Platforma Obywatelska 12.7 65
Autodefensa da República de Polonia Samoobrona RP 10.2 53
Lei e Xustiza Prawo i Sprawiedliwość 9.5 44
Partido Popular Polaco Polskie Stronnictwo Ludowe 9.0 42
Liga das Familias polacas Liga Polskich Rodzin 7.9 38
Minoría alemá 0.4 2


Eleccións xerais de Polonia Senat (Senado), 2001

Partido (en cursiva en polaco) Escanos
Alianza da Esquerda Democrática Sojusz Lewicy Demokratycznej 75
Bloque do Senado 2001(Plataforma Cívica, Lei e Xustiza, Alianza da Liberdade e Movemento Reconstrución de Polonia) Blok Senat 2001 15
Partido Popular Polaco Polskie Stronnictwo Ludowe 4
Autodefensa da República de Polonia Samoobrona RP 2
Liga das Familias polacas Liga Polskich Rodzin 2
Outros niezrzeszeni 2