Alfredo Trombetti
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xaneiro de 1866 Boloña, Italia |
| Morte | 5 de xullo de 1929 Lido, Italia (pt) |
| Lugar de sepultura | Certosa di Bologna 44°29′46″N 11°18′35″L / 44.49609589, 11.30974019 Grave of Trombetti (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista |
| Empregador | Universidade de Boloña |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia |
Alfredo Trombetti, nado en Boloña o 16 de xaneiro de 1866 e finado no Lido de Venecia o 5 de xullo de 1929, foi un lingüista italiano que desenvolveu a súa actividade, sobre todo, nas tres primeiras décadas do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trombetti graduouse na súa cidade natal en 1891 e obtivo no 1904 o Premio Real da Accademia dei Lincei. No mesmo 1904 tornouse profesor titular de Filoloxía semítica, sempre en Boloña, e no 1912 de Ciencia da linguaxe.
Teorías de Trombetti
[editar | editar a fonte]É coñecido como defensor da teoría monoxenética das linguas, consonte a cal todas as linguas do mundo remontan a unha única lingua ancestral. Os argumentos a prol da monoxénese foron presentados no seu libro L'Unità d'origine del linguaggio, publicado en 1905. Esta hipótese orixinou unha forte controversia na época e continúa a producila na actualidade, se ben é certo que nos últimos anos hai relevantes defensores dos seus postulados.
Ao respecto do vasco, Trombetti, aínda que non o primeiro, foi un defensor do seu parentesco cas linguas do Cáucaso, máis mesturou no grupo caucásico tamén linguas indoeuropeas, como o hitita, o que minaría os seus argumentos[1]
Obras de Trombetti (selección)
[editar | editar a fonte]- 1905. L'Unità d'origine del linguaggio. Bologna: Luigi Beltrami.
- 1907. Come si fa la critica di un libro. Con nuovi contributi alla dottrina della monogenesi del linguaggio e alla glottologia generale comparata. Bologna: Luigi Beltrami.
- 1912. Manuale dell'arabo parlato a Tripoli. Grammatica, letture e vocabolario. Bologna: Luigi Beltrami.
- 1922-1923. Elementi di glottologia, 2 volumes. Bologna: Zanichelli.
- 1925. Le origini della lingua basca. Bologna: Azzoguidi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michel Morvan, Les origines linguistiques du basque. Presses universitaires de Bordeaux. 1996, páxs. 54-55