Monoxénese (lingüística)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Monoxénese, en lingüística, refírese á doutrina que defende que todas as linguas humanas faladas proceden dunha única lingua ancestral falada hai varios miles de anos no período Paleolítico.

O primeiro intento filoloxicamente serio para asentar a realidade da monoxénese semella deberse ao lingüista italiano Alfredo Trombetti, que expuxo os argumentos na súa obra L'Unità d'origine del linguaggio (A unidade da orixe da lingua), publicado en Boloña en 1905 (cf. Ruhlen, 1994).

Dous destacados defensores actuais (2008) da monoxénese lingüística son Merritt Ruhlen e John Bengtson.

A monoxénese estivo descartada por numerosos lingüistas a finais do século XIX. É algo máis popular entre eles hoxe en día. Pódese dicir que a maioría dos lingüistas do presente non aceptan a teoría monoxenética ou, polo menos, non están interesados nela.

Por outra banda, desde o punto de vista de investigadores noutros campos científicos, como Richard Klein en Paleoantropoloxía, a capacidade para producir discursos complexos non foi desenvolvido até ha uns 50.000 anos (coa aparición do "home moderno" ou home de Cro-Magnon). Así, que se todas as poboacións da Terra (incluíndo os aborixes australianos, xurdidos hai 50.000 a 40.000 anos) proceden dunha única emigración desde África, a monoxénese lingüística convértese nunha hipótese asumíbel.

A dificultade radica na profundidade do tempo, que é máis antiga do que os lingüistas poden rastrexar hoxe (p.ex., entre 6.000 e 8.000 anos para o caso das linguas indoeuropeas e 15.000 anos no caso das linguas nostráticas). Porén, algúns lingüistas, como Trombetti, e máis recentemente, Merrit Ruhlen (1994) sosteñen que esa dificultade pode ser salvada. O método proposto aconsella a comparación entre máis idiomas até achegarse á súa fonte común.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ruhlen, Merritt (1994). On the Origin of Languages: Studies in Linguistic Taxonomy. Stanford, California: Stanford University Press.
  • Trombetti, Alfredo (1905). L'Unità d'origine del linguaggio. Bologna: L. Beltrami.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]