Olimpio Arca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Cuntis, España |
Morte | 25 de novembro de 2014 (85/86 anos) A Estrada, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Olimpio Arca Caldas, nado en Cuntis en 1928 e finado na Estrada o 25 de novembro de 2014[1], foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato por libre durante cinco anos co mestre Aurelio Rey, e os dous últimos cursos realizounos en Santiago de Compostela. Rematou en 1944, e un ano despois acadou o título de Mestre Nacional. Funda en Cuntis a Academia Lumen para alumnos de bacharelato, maxisterio e comercio.
En 1951 ingresou como factor de intervención na Renfe. En 1954 casou cunha muller da Estrada e foi vivir a esa vila. En 1957 pasou a ser correspondente do Banco de La Coruña en Cuntis, e en 1960 pasou a ser Mestre do maxisterio público. Desempeñou con cargo provisional as escolas de Graduado da Estrada (1961) e da unitaria masculina de Matalobos (1962). Ao mesmo tempo impartiu clases particulares na Academia San Pelayo da Estrada. Por concurso de traslados foi destinado en 1963 á escola masculina de Torea (Muros), e ao ano seguinte pasou á de Pexegueiro (Tui).
No curso 1967-68 diplomouse en Ciencias para impartir 7º e 8º curso de EXB. Ao mesmo tempo realizou un curso de asistencia psiquiátrica a nenos con discapacidade mental. En 1968 pasou a dar clase na escola masculina de Couso, que pasou a ser mixta. Neste centro comezou a escribir obras de teatro para a súa representación polo propio alumnado.
En 1970, ao se establecer o ensino obrigatorio ata os 14 anos, creouse a Agrupación Escolar de Couso, onde foi o promotor da construción dunha aula para o alumnado da segunda etapa. En 1978 inaugurouse o CP Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, a onde pasou o alumnado da Agrupación Escolar de Couso. Por concurso de traslados, no curso 1981-82 pasou a ocupar a praza de mestre no CP de Figueiroa de Arriba (A Estrada), no que exerceu varios cursos como director ata a súa xubilación en 1993.
Desde o ano 2017, o Concello de Cuntis convoca o Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca, en homenaxe ao mestre e escritor.
Premios
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa vida dentro do exercicio da docencia recibiu numerosos premios e distincións:
- Premio Mantenga limpia España, do Ministerio de Información e Turismo (1970)
- Certame do Día del Maestro, convocado pola Deputación de Pontevedra (1971)
- Premio Embellecimiento de Pueblos, convocado pola Deputación de Pontevedra (1971, 1974 e 1976)
- Premio de teatro escolar convocado pola Delegación de Xuventude (1973, 1974 e 1976)
- Premio a traballo etnográficos con alumnos, convocado polo Museo de Pontevedra (1974, 1975, 1977, 1980 e 1992)
- Primeiro Premio Xunta de Galicia con Castros da Estrada (1984)
- Nomeado Mestre Representativo de Pontevedra por Familia e Gabinete Anaya (1975)
- Cruz de Afonso X O Sabio (1977)
- Primeiro Premio Comunidade Autónoma de Galicia en Educación y Ciencia “Naturaleza y Escuela” (1991)
- Primeiro Premio RTVG Boa Saúde (1991)
- Nomeado "Mestre exemplar" polo Museo de Pontevedra (1993).
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (1996) no Concello da Estrada
- Premio San Martiño de normalización lingüística (2010)
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]Son moitos os ensaios saídos da súa pluma no tocante aos máis variados temas.
- Mestres estradenses que fixeron escola (Concello da Estrada, 1993)
- O carro do país (Museo do Pobo Estradense, 1994)
- Memoría histórica do recreo cultural (Recreo Cultural, 1995)
- O entroido no Ulla (Deputación de Pontevedra, 1995)
- Waldo Álvarez Insua: Estradense, emigrante, escritor (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 1997)
- Emigrantes sobranceiros (Caixa de Pontevedra, 1998)
- Canteiros de Cuntis (Caixavigo-Concello de Cuntis, 1998)
- Xente na memoria: Manuel Bergueiro López (Museo do Pobo Estradense, 1998)
- Certame escolar dos pereiriños (Colectivo Pereiriños, 2000)
- Unha voz... Mary Isaura (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 2001)
- Bernardo Rodríguez Ribeira. Emigrante Sobranceiro (Fundación Cultural da Estrada, 2002)
- Cuntis no recordo (edición do autor, 2003)
Teatro
[editar | editar a fonte]Durante os seus anos de docencia o teatro ocupou un espazo primordial e anos máis tarde moitas destas obras pasarán dos escenarios ao libros.
- Conversas coa Nobre Dama (Concello de Cuntis, 1999)
- Pelexa no Souto (Ed. Fervenza, 2001)
- Os reis do panchiño (Ed. Fervenza, 2002)
- O enfermo 4M (Ed. Fervenza, 2003)
- Soprar a tempo (Ed. Fervenza, 2004)
- Mágoas de campesiños e señoritos (Ed. Fervenza, 2004)
Narrativa infantil-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Pedriño (Asoc. Val Miñor, 1992; 3º Premio Contos para nenos)
- O tren (Ed. Fervenza, 2003)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- "Os hórreos no Val de Vea", en I Congreso Europeo do hórreo (Edit. Compostela, 1990)
- "Apuntes a unha biografía de M. Reimóndez Portela", en Manuel Raimóndez Portela. Na lembranza (Ed. do Castro, 1996)
- Ademais colaborou con diferentes traballos en todas as edicións anuais de A Estrada. Miscelánea histórica e cultural(Museo do Pobo Estradense)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece o profesor e escritor Olimpio Arca Caldas na súa casa da Estrada". La Voz de Galicia. 25 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olimpio Arca |
- Entevista a Olimpio Arca feita polo alumnado de Literatura Galega do século XX no MGB Arquivado 02 de novembro de 2014 en Wayback Machine.