Saltar ao contido

Alfredo García Dóriga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo García Dóriga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1849 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1911 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, autor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1173601 BUSC: garcia-doriga-alfredo-1849-1911

Alfredo García López-Dóriga, coñecido como Alfredo García Dóriga, nado en Viveiro o 13 de abril de 1849 e finado na mesma vila o 14 de decembro de 1911, foi un xornalista e escritor galego en lingua castelá, galega e asturiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Cipriano José García Méndez e Eulogia López Dóriga, residiu de mozo en Oviedo, de onde era a súa nai. Alí colaborou en El Faro Asturiano e dirixiu La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias. Viviu tamén en Santiago de Compostela, Salamanca e Mondoñedo, onde dirixiu o periódico local El Baluarte de Galicia. Finalmente asentouse en Viveiro, onde exerceu como bibliotecario e colaborou nos periódicos El Eco de Vivero e El Vivariense, a máis de colaboracións nalgunha obra como o Álbum Histórico, científico y literario de Galicia de 1887.

Posromántico e rexionalista, en castelán, foi narrador, poeta e articulista. En galego, escribiu algúns poemas que foron publicados en diferentes xornais da época. Algúns deles foron recollidos en Fuego del alma: Narraciones y leyendas (1966), volume póstumo bilingüe.

O seu poemario Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012), versificación das sagradas escrituras, foi publicado cunha introdución biográfica por Emilio Ínsua.

En asturiano escribiu poemas na variedade de Llena, de onde procedía a súa familia materna, e varias das súas composicións apareceron na escolma Los nuevos bablistas (1925).[1]

Foi cronista de Viveiro e académico correspondente da Real Academia Galega.

¡Fuego del alma!…
  • Colaboracións no Álbum Histórico, científico y literario de Galicia (1887).
  • Fuego del alma: Narraciones y leyendas (obra póstuma, 1966).
  • Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012).
  • "Improvisación", poema adicado a Pascual Veiga en El Compostelano.[2]
  • Poema en asturiano.[3]
  1. Nel Amaro "La toponimia llariega na literatura" Lletres Asturianes 22
  2. "Improvisación"
  3. Poema en asturiano

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]