El Vivariense
El Vivariense | |
---|---|
Fundación | 1890 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Viveiro |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Vivariense foi un semanario editado en Viveiro entre 1890 e 1915.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 8 de xuño de 1890, dirixido por Jesús Franco Fernández. Nesta primeira etapa os seus colaboradores foron Amando Fanego, Manuel Cerdido, José Pérez Vigo, Eusebio Lorenzo, Juan Antonio García Meitín e Antón Lorenzo Villar. Foi rival de El Eco de Vivero. Cesou a súa publicación o 23 de xaneiro de 1898.
Subtitulado Periódico semanal, reapareceu o 17 de abril de 1906, dirixido primeiro por Ramón Díaz Freijo e a partir de 1914 por José Santiago Seijo.[1] José Pla Zubiri foi o redactor xefe,[2] e entre os seus colaboradores estaban Juan Pla Zubiri, Juan Antonio García Meitín, Alfredo García Dóriga e Antón Villar Ponte. O último número conservado ten data do 18 de abril de 1915.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vivariense, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Vivariense, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Donapétry Yribarnégaray, Juan (1953). Historia de Vivero y su concejo. Viveiro. p. 362.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 259–263. ISBN 84-8192-110-6.