Alfonso Ortega Prada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1902 ![]() San Justo, España ![]() |
Morte | 3 de xaneiro de 1944 ![]() Brañuelas, España (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Alfonso José Agustín Ortega Prada, nado en San Justo (Zamora) o 17 de maio de 1902 e finado en Brañuelas o 3 de xaneiro de 1944, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo primoxénito de José Ortega Pérez, de Cádavos, e Resurrección Prada Alonso. Estudou na Escola de Primeiras Letras das Ermidas e máis tarde entrou no Seminario de Astorga, onde completou os estudos. Alí fixo amizade con Clemente Fernández Lorenzo. Traballou no Bierzo levando o economato dunha empresa carbonífera ata o seu traslado a Madrid. En 1930 regresou a Galicia como representante comercial de Licores Méndez. Dous anos despois rematou a construción da súa casa en Xares. Militante socialista, dende setembro de 1933 foi secretario da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, e dende febreiro de 1936 oficial primeiro do concello da Veiga. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. A súa casa foi saqueada, a súa muller tivo que refuxiarse na casa dos pais e as súas irmás foron detidas e finalmente deportadas a Fuentesaúco. Adoptou a identidade do seu cuñado e comezou a traballar de xornaleiro na comarca de Valdeorras. Ao ser recoñecido tivo que marchar ao Bierzo. Instalouse como xornaleiro en San Martín de Carracedo e de alí pasou a Carracedelo dedicándose a traballar na madeira. En 1943 tentou montar un serradoiro en Toural dos Vaos. Cando regresaba de Brañuelas morreu nun accidente ferroviario.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Generosa Lorenzo Escuredo en Matarrosa del Sil o 26 de novembro de 1926.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ortega Prada, Alfonso (2007). Memorias. Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-03-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alfonso Ortega Prada na páxina web Nomes e Voces.