Alfabeto éuscaro
| Alfabeto éuscaro | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O alfabeto éuscaro (en éuscaro: euskal alfabetoa) é o alfabeto utilizado para escribir a lingua éuscara. Segundo á Euskaltzaindia, o alfabeto éuscaro contén 27 letras.
Listaxe de letras
[editar | editar a fonte]O alfabeto éuscaro componse das 26 letras do alfabeto latino básico ISO, mais o ñ (e o ç, como variante do c).
Na seguinte lista recóllense os nomes de todas as letras,[1] así como a súa fonoloxía segundo o Alfabeto Fonético Internacional.[2]
| Letra | Nome en éuscaro | Pronuncia |
|---|---|---|
| A | a | /a/ |
| B | be | /b/, β̞ |
| C | ze* (e a súa variante Ç ze hautsia*) | /s/, /k/ |
| D | de | /d̪/, [ð̞] |
| E | e | /e/ |
| F | efe | /f/ |
| G | ge | /ɡ/, ɣ̞ |
| H | hatxe | ∅, ɦ |
| I | i | /i/, /i̭/ |
| J | jota | /j/, /x/, ʝ, ɟ |
| K | ka | /k/ |
| L | ele | /l/ |
| M | eme | /m/ |
| N | ene | /n/ |
| Ñ | eñe | /ɲ/ |
| O | o | /o/ |
| P | pe | /p/ |
| Q | ku* | /k/ |
| R | erre | /r/, ɾ |
| S | ese | /s̺/ |
| T | te | /t̪/ |
| U | u | /u/, /u̯/ |
| V | uve* | /b/, [β̞] |
| W | uve bikoitza* | /u̯/ |
| X | ixa | /ʃ/ |
| Y | i grekoa* | /i/, /i̭/, /j/ |
| Z | zeta | /s̻/ |
| * Aínda que as letras C, Ç, Q, V, W e Y non se usan normalmente, están incluídas para escribir estranxeirismos.[1] | ||
Todas as letras e dígrafos representan fonemas únicos. As excepcións son l, n e ás veces t cando son precedidos por i; xa que en moitos dos dialectos se palatalizan nos sons ʎ, ɲ e c, mesmo aínda que non se escriban.
O h é mudo en moitas rexións, pero pronúnciase na maior parto do nordeste, motivo polo que existe no alfabeto éuscaro.
Dígrafos
[editar | editar a fonte]Existen varios dígrafos (letras sucesivas que representan un único son):
- DD ɟ, LL ʎ, RR r, TS t͡s̺, TT c, TX t͡ʃ, TZ t͡s̻
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Euskaltzaindia: Regra 17 do éuscaro estándar, Euskal alfabetoaren letren izenak. Consultado o 27 de novembro de 2019.
- ↑ Omniglot.com (ed.). "Basque language, alphabet and pronunciation". Consultado o 27 de novembro de 2019.