Alexandria Ocasio-Cortez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandria Ocasio-Cortez
Alexandria Ocasio-Cortez Official Portrait.jpg
Nacemento13 de outubro de 1989
Lugar de nacementoBronx
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Alma máterBoston University College of Arts and Sciences e Yorktown High School
Ocupaciónpolítica, activista política, community organizer, barman, camareira, editora e educational strategist
Premios100 Mulleres da BBC
Na rede
https://ocasio2018.com/ e https://ocasio-cortez.house.gov/
IMDB: nm9936326 Allocine: 865037 Rottentomatoes: celebrity/alexandria_ocasio_cortez Allmovie: p885893 Metacritic: person/alexandria-ocasio-cortez
Facebook: OcasioCortez Twitter: AOC Instagram: aoc Youtube: UCElqfal0wzzpLsHlRuqZjaA Twitch: AOC iTunes: 1438758121 Last fm: Alexandria+Ocasio-Cortez WikiTree: Ocasio-Cortez-1 Editar o valor em Wikidata
AOC signature.png
editar datos en Wikidata ]

Alexandria Ocasio-Cortez, nada en Nova York o 13 de outubro de 1989,[1] é unha activista e política estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia de raíces latinoamericanas, estudou cun préstamo e comezou traballando de camareira.[2] Cun traballo sobre Caenorhabditis elegans, coa conclusión de que 'Os antioxidantes poderían axudar a previr enfermidades dexenerativas inducidas polo estrés oxidativo', gañou un premio na feira de ciencia máis importante a nivel mundial,[Cómpre referencia] a ISEF.[3] A relevancia deste feito reside non tanto na súa preparación científica como en que se viu confrontada ós intereses das farmacéuticas en contra do que ela intuía. segundo escribiu en Twitter o 1 de decembro de 2018ː

"When I tried to find out why the compound wasn’t pursued more, one of the explanations given to me was that pharma lobbyists worked against it."[3]

Comezou en política na campaña de Bernie Sanders.[2] Nas eleccións lexislativas celebradas o 6 de novembro de 2018, con 29 anos, gañou o escano do distrito 14 de Nova York ao Congreso dos EEUU por unha amplísima maioría de voto, despois de vencer as primarias ó líder demócrata Joseph Crowley.[4][5] Ocasio-Cortez é membro da organización Socialistas Democráticos de América e foi vinculada a gran variedade de plataformas políticas progresistas estadounidenses.

É a muller máis nova elixida no Congreso na historia dos Estados Unidos, superando á republicana Elise Stefanik, que foi elixida en 2014 á idade de 30 anos.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]