Alexander MacMillan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander MacMillan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1818 Editar o valor em Wikidata
Irvine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEscocia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGeorge Augustin Macmillan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDaniel Macmillan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: MacMillan-956

Alexander MacMillan (en escocés: Alasdair MacMhaolain) nado o 3 de outubro de 1818 en Irvine (Ayrshire, Escocia), foi cofundador, xunto co seu irmán Daniel da editora Macmillan Publishers, en 1843. Proviña dunha familia de agricultores da illa de Arran.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como socio do seu irmán, Alexander ocupouse do desenvolvemento da reputación literaria da compañía mentres que Daniel se encargaba das cuestións máis burocráticas.

Logo da editora Macmillan and Co. extraído da obra de Leslie Stephen Alexander Pope (1880)

A empresa, chamada orixinariamente Macmillan & Co., comezou sendo unha exitosa libraría en Cambridge, aínda que axiña os irmáns se decidiron a publicar os seus propios libros á parte de vendelos. Logo da morte de Daniel en 1857, Alexander continuou dirixindo a empresa en solitario; expandiuna internacionalmente, asinou un acordo de difusión con Oxford University Press e comezou coa publicación de revistas, entre as que cómpre salientar Nature, a revista científica máis prestixiosa. Macmillan encargoulle ao editor George Edward Brett para establecer a súa oficina en Nova York en agosto 1869 e contratou a compañía norteamericana Messrs. Pott & Amery para encargarse da mercadotecnia e a distribución dos libros da editorial.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Macmillan Publishers Ltd." en Encyclopaedia Britannica. (En inglés)
  2. "Publishing: crofter's Crop". En Time. 22 de xaneiro de 1951. (En inglés)
  3. James, Elizabeth. Macmillan: A Publishing Tradition. Palgrave Macmillan. 2002. ISBN 0-333-73517-X.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]