Alex Trochut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlex Trochut
Biografía
Nacemento1981
Barcelona, Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónELISAVA (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador gráfico, ilustrador e tipógrafo
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina webalextrochut.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: alextrochut Twitter: alextrochut Instagram: trochut Editar o valor em Wikidata

Alex Trochut, nado en Barcelona en 1981, é un deseñador gráfico, ilustrador e tipógrafo catalán. É neto do tipógrafo Joan Trochut.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alex Trochut graduouse en Deseño Gráfico na escola ELISAVA de Barcelona, comezando a súa actividade profesional en Berlín, traballando nos estudos Moniteurs e Xplicit, para posteriormente regresar a Barcelona e traballar no estudo de deseño Toormix á súa chegada, e máis tarde no de Vasava, establecéndose pola súa propia conta en 2007.[1]

A súa obra caracterízase pola importancia que outorga á tipografía, converténdoa nun elemento de expresión gráfica, así como a variedade e cambios de técnica en cada proxecto, mantendo en todos eles como trazos comúns a fusión entre xeometría e formas fluídas.[2][3] A súa obra vese influída por artistas mediterráneos como Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, así como pola arte xeométrica do húngaro Victor Vasarely.[4]

Realizou proxectos para Apple, Arctic Monkeys, Nike, The Rolling Stones, Adidas, Coca-Cola, British Airways, Pepsi, Starbucks ou The Guardian.[5]

En 2011 publicou o libro titulado More is More no que se recollen todos os proxectos que realizou dende 2006 até ese momento.

Notas[editar | editar a fonte]