Alelopatía
En botánica chámase alelopatía ao fenómeno de interferencia química que consiste na liberación de susbstancias químicas por parte dunha planta que son daniñas para outras plantas competidoras.
O mesmo concepto esténdese ás relacións de competencia bioquímica entre os outros seres vivos.
O termo alelopatía creouse no ano 1937 polo científico Hans Molisch baseándose nas verbas gregas que significan dano mutuo.
A incompatibilidade que é apreciada entre algunhas é por mor da liberación de substancias volátiles, xeralmente por parte das follas, ou pola excreción de toxinas a través das raíces.
As interferencies alelopáticas acostuman ser provocadas pola combinación de diversas substancias.
As funcións prexudicadas máis frecuentes son a asimilación de nutrientes, o crecemento, a fotosíntese, a respiración, a síntese de proteínas, a permabilidade da membrana celular e mais a actividade encimática.
En moitos casos a acción inhibidora vai a cargo de compostos fenólicos coma por exemplo os que fan que o xirasol dificulte o crecemento da soia ou que as follas do piñeiro interfiran no crecemento doutras plantas .
No chamado cansazo ou esgotamento dos solos despois de anos de monocultivo estaría implicado, entro outros factores, o fenómeno alelopático.
É moi sonado en Galicia a alelopatía que producen os compostos das follas do eucalipto, que dificultan a xermolación de moitas outras especies no subsolo dos eucaliptais.