Aleksandr Nikolaevich Iakovlev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Nikolaevich Iakovlev
Nacemento2 de decembro de 1923
Lugar de nacementoKorolevo
Falecemento18 de outubro de 2005
Lugar de falecementoMoscova
CausaIctus
SoterradoCemitério Troyekurovskoye
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Alma máterYaroslavl State Pedagogical University, Higher Party School at the Central Committee of the CPSU, Academy of Social Sciences of the Central Committee of CPSU e Universidade de Columbia
Ocupaciónpolítico, diplomático, historiador, economista e Americanist
PremiosOrde do Estandarte Vermello, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Orde da Revolución de Outubro, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Order of the Three Stars, 3rd Class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos, Orde da Estrela Vermella, Order of St. Sergius of Radonezh 3rd class, Ordem do Libertador, Commander of the Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland e Commander of the Order of the Grand Duke Gediminas
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Nikolaevich Iakovlev (en ruso: Александр Николаевич Яковлев), nado no oblast de Yaroslavl o 2 de decembro de 1923 e finado en Moscova o 18 de outubro de 2005, foi un académico da Academia de Ciencias de Rusia e un político soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia labrega, Iakovlev serviu no Exército Vermello durante a segunda guerra mundial, resultado ferido de gravidade[1] durante o asedio alemán de Leningrado. Ingresou no PCUS en 1944, traballou en diversas publicacións do partido e estivo á fronte do departamento de ideoloxía e propaganda do partido de 1969 a 1973. En 1972 publicou un artigo no que criticaba o antisemitismo soviético e chauvinismo ruso o que suscitou a condena do Poliburo, a súa destitución dos cargos no partido e o seu nomeamento como embaixador no Canadá, onde permaneceu dez anos e fixo amizade con Pierre Trudeau[2]. En 1983 acompañou a Mikhail Gorbachev que como ministro de agricultura visitaba o Canadá e algunhas semanas despois como consecuencia da intervención deste volveu á URSS como director do Instituto de Economía Mundial e de Relacións Internacionais (1983-1985). Coa chegada de Gorbachev ao poder Iakovlev converteuse no seu conselleiro, foi membro do Politburo (1987-1990) e do Secretariado (1986-1990) do Partido Comunista da Unión Soviética. Foi o ideólogo do Partido, a mesma posición que ata a súa morte en 1982 tivera Mikhail Suslov; recibiu o nome de "pai da glasnost por estar considerado a forza intelectual detrás do programa de reformas que Mikhail Gorbachov realizou coa glasnost e a perestroika. Despois da caída da URSS formou e presidiu o Partido da Socialdemocracia Rusa (1995-2002) Presidente da Comisión para a rehabilitación das vítimas da represión política (1992-2005).

Logo de décadas de negar oficialmente calquera protocolo secreto no Pacto Ribbentrop-Molotov de 1939 coa Alemaña nazi, Iakovlev dirixiu unha comisión que investigou a existencia de tales protocolos e en decembro de 1989 concluíu que realmente existiran.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert Bothwell, e J.L. Granatstein Pirouette: Pierre Trudeau and Canadian foreign policy: University of Toronto, 1990, páxina 200 ISBN 0-8020-5780-2
  2. Yale Richmond Cultural Exchange & The Cold War: Raising The Iron Curtain:Pennsylvania State University, 2000, páxina 29