Alejandro Febrero Lorenzo
Alejandro Febrero Lorenzo | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1925 |
Madrid | |
Falecemento | 13 de agosto de 2010 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | nadador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro Febrero Lorenzo, nado en Madrid o 25 de febreiro de 1925, e falecido o 13 de agosto de 2010,[1] foi un nadador olímpico español que habitou a maior parte da súa vida na cidade de Vigo, onde formou parte de varios clubs deportivos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu fito máis salientable foi a inclusión no equipo olímpico que competiu na cidade de Londres en 1948. Tamén foi o primeiro en cruza-la Ría de Vigo a nado.[2]
En 1944 incorporouse coma nadador ao Club Marítimo de Vigo, nese ano participou nos campionatos galegos na proba de 1500 metros libres, obtendo un tempo de 25,33',08. En 1945, xa tra-la integración do seu club no Náutico de Vigo, mellorou o seu rexistro na devandita proba a 23,01'09, progresión que continuaría en 1946 con medio minuto menos, 22,25',04, sendo o mellor dos nadadores galegos. No Campionato de España da cidade de As Palmas de Gran Canaria obtivo a segunda praza en 400 metros libres, e en 1500 metros libres mellorou a súa marca a 21,12',07, polo que foi seleccionado para os Xogos Olímpicos de 1948 en Londres, primeiros en organizarse despois da Segunda Guerra Mundial.
Foi quinto clasificado na primeira eliminatoria de 400 metros libres, e cuarto clasificado na terceira eliminatoria de 1500 metros cunha marca de 21,15',27 próxima ao seu mellor rexistro, ficando na sétima posición entre 39 nadadores.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Adiós a un deportista épico, artigo en El País (en castelán).
- ↑ Febrero, nadador olímpico, artigo en Faro de Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|