Amina aromática
Unha amina aromática é un composto orgánico que consta dun anel aromático unido a unha amina. É unha ampla clase de compostos que comprende as anilinas, pero tamén moitos máis compostos con complexos de aneis aromáticos e moitos substituíntes aminas ademais do NH2..[1] As aminas aromáticas son amplamente utilizadas como precursores de pesticidas, fármacos e tinturas.
Aminas aromáticas representativas | |||||
Anel aromático | Nome das aminas parentais | Exemplo | |||
---|---|---|---|---|---|
benceno | anilina | anilinas substituídas | |||
fenilenodiaminas | o antioxidante p-fenilenodiamina | ||||
tolueno | toluidinas | o fármaco prilocaína | |||
diaminotoluenos | a ingrediente de tintura para o cabelo 2,5-diaminotolueno | ||||
naftaleno | naftilaminas | as tinguiduras vermello Congo e Prodan | |||
piridina | aminopiridinas | o fármaco tenoxicam | |||
pirimidina | aminopirimidinas | a nucleobase citosina | |||
quinolina | aminoquinolinas | o fármaco primaquina | |||
purina | aminopurinas | a nucleobase guanina | |||
acridina | aminoacridinas | tinguiduras fluorescentes |
Aminas aromáticas en téxtiles
[editar | editar a fonte]Desde agosto de 2012, está en vigor o novo estándar EN 14362-1:2012 Téxtiles - Métodos para a determinación de certas aminas aromáticas derivadas de colorantes azo - Parte 1: Detección do uso de certaos colorantes azo accessible con e sen extraer as fibras. Foi aprobado oficialmente polo Comité Europeo para a Estandarización (CEN) e substitúe os estándares de tests EN 14362-1: 2003 e EN 14362-2: 2003.
O estándar describe un procedemento para detectar aminas aromáticas prohibidas na Unión Europea derivadas de colorantes azo en fibras téxtiles, incluíndo fibras naturais, feita polo home, rexeneradas e mesturadas. O estándar é tamén relevante para todos os colorantes de téxtiles, por exemplo, téxtiles tinguidos, impresos ou cubertos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ P.F. Vogt, J.J. Gerulis (2005). "Amines, Aromatic". Ullmann’s Encyclopedia of Industrial Chemistry. Weinheim: Wiley-VCH. doi:10.1002/14356007.a02_037.