Alcíone

Herbert James Draper: Alcíone (1915).
Alcíone figura da mitoloxía grega, filla de Eolo, dona de Ceix, rei de Traquine.
Alcíone e Ceix vivían felices, ata que Ceix alertado por un presaxio parte cara Claro para consultar o oráculo de Apolo, durante a viaxe perece nun naufraxio, Alcíone, desesperada, guíndase ao mar. Compadecéndose deles, os deuses, convértenos en martiños peixeiros. Cando Alcíone fixo o seu niño nunha praia as ondas destrúeno, polo que Eolo calmou os ventos e fixo as ondas parar setes días antes e despois do solsticio de inverno, para que ela puidera deixar os seus ovos, eses son os días coñecidos como os días do Alción.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcíone ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diccionario de mitología griega y romana, de Pierre Grimal; Metamorfosis de Ovidio (Alianza Editorial); Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica (Alianza Editorial)