Conversa:Alcíone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non teño claro se é Alcione ou Alcíone. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:23, 5 de marzo de 2011 (UTC)

  • Alcíone: Diccionario de mitología griega y romana, de Pierre Grimal; Metamorfosis de Ovidio (Alianza Editorial); Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica (Alianza Editorial); Hesiodo non recolle este personaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 19:33 (UTC)[Responder]
    • Pero na EGU recóllese Alción co significado de estrela da constelación Tauro (o noso artigo é Alcione (estrela)) (Alcione, sen til), e co significado de unha das Pléiades, filla de Atlas e de Pleiona; e logo, alción (nótese a minúscula) é unha ave mitolóxica nacida da metamorfose das fillas de Alcioneo (que logo non ten entrada propia na EGU). Segue dicindo que Alciona (sen til e rematado en a) é esta filla de Eolo e de Cexo, quen para nós é Ceix (ten cinco ocorrencias pero aínda non ten artigo de seu). Total, que a única referencia que atopo corrixe os tres nomes que empregamos na Gali: non é Alcíone senón Alciona; a estrela non é Alcione senón Alción; e o futuro artigo non será Ceix senón Cexo. Semella raro, pero a falta doutra referencia haberá que ir pensando en cambiar as entradas. Cómpre engadir agora que os textos de Grimal, Ovidio e Pseudo-Apolodoro están en castelán; hai por aí unha Metamorfoses en galego, pero non dispoño deste libro. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de marzo de 2021 ás 21:34 (UTC)[Responder]