Albino Jara
Albino Jara | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Paraguai | |
Período | 17 de xaneiro de 1911 - 5 de xullo de 1911 |
Antecesor | Manuel Gondra |
Sucesor | Liberato Marcial Rojas |
Datos persoais | |
Nacemento | 28 de febreiro de 1877 |
Luque | |
Falecemento | 15 de maio de 1912 |
Asunción | |
Organización | Partido Liberal Radical Auténtico |
Profesión | militar |
[ editar datos en Wikidata ] |
Albino Jara Benegas, nado o 28 de febreiro de 1877 en Luque e finado o 15 de maio de 1912 en Asunción[1], foi un militar e presidente "de facto" da República de Paraguai en 1911.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou ata o cuarto curso na Facultade de Dereito. Aos 20 anos obtén unha bolsa de estudos en Chile, na Academía Militar; de aí sae como alférez. De regreso ao seu país ascende a tenente e en 1904 a capitán. En 1908 é ascendido a coronel. Pasarían 3 anos ata que realizase un golpe de estado e se autoproclamase presidente, derrocando ao presidente constitucional, Manuel Gondra.
Asumiu o cargo o 17 de xaneiro de 1911, aos 33 anos de idade. Durante o seu goberno estableceuse un sistema educativo comparado cos modelos de Estados Unidos e Europa[Cómpre referencia]. Foron pavimentados 40 km² das rúas de Asunción[Cómpre referencia], fundou o Instituto Histórico e Xeográfico de Paraguai, e traballou para que o ferrocarril chegará ata a cidade de Encarnación para posteriormente unirse a conexión con Posadas (Arxentina).
O 5 de xullo de 1911 foi deposto e levado ao porto para expulsalo cara a Bos Aires.
En 1912 retornou a Paraguai. Quixo organizar unha revolución contra o goberno de Pedro Pablo Peña, pero non o logrou. Ferido de bala na acción foi encarcerado e, como consecuencia das feridas, faleceu o 15 de maio de 1912.
Presidente de Paraguai | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel Gondra |
Albino Jara | Precede a: Liberato Marcial Rojas |
Partido Liberal Radical Auténtico |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2010.