Paraguarí
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Paraguai | |||
Departamentos | Departamento de Paraguarí | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 24.092 (2019) (52,15 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá lingua guaraní | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 462 km² | |||
Altitude | 87 m | |||
Creación | 1775 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 090101–090108 | |||
Prefixo telefónico | 531 | |||
Paraguarí é unha poboación de Paraguai, capital do Departamento homónimo, distante 66 km da capital do país, Asunción, coa cordilleiras dos Altos ó norte, e a sur unha extensa sabana. No censo do 2002 posuía unha poboación de 22.154 habitantes. Limita polo norte con Pirayú, polo leste con Escobar, polo sur con Sapucaí, Acahay e Carapeguá, e polo oeste con Yaguarón.
Paraguarí é un lugar simbólico na historia de Paraguai, sendo chamado "Berce da Independencia Nacional", xa que o 13 de xaneiro de 1811, os paraguaios yegros, gamarra e cabañas e as súas tropas derrotaron ao exército arxentino comandado polo xeneral Dr. Manuel Belgrano no combate do Cerro Mbaé, asegurando así a independencia de Paraguai.
Foi fundada en 1775 nun outeiro, por Agustín Fernando de Pinedo, por orde de Carlos III, tempo despois da expulsión dos xesuítas de Paraguai. En Paraguarí instaláronse numerosos españois, de Burgos e Andalucía moitos, que gustaban das corridas de touros, por iso a cidade é coñecida tamén polos seus toureiros.
O 18 de agosto de 1960 constituíuse en Distrito.
Economía
[editar | editar a fonte]A expansión agropecuaria da zona posibilita que Paraguarí sexa o centro de abastecemento de Asunción.
Principalmente é un centro comercial de venda de produtos agrícolas dos seus habitantes. Tamén é un importante centro de ensinanza da rexión.