Liberato Marcial Rojas
Liberato Marcial Rojas | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Paraguai | |
Período | 5 de xullo de 1911 - 28 de febreiro de 1912 |
Antecesor | Albino Jara |
Sucesor | Pedro Pablo Peña |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de agosto de 1870 |
Asunción | |
Falecemento | 22 de agosto de 1922 |
Montevideo | |
Organización | Partido Liberal Radical Auténtico |
Cónxuxe | Susana Dolores Silva |
Profesión | político |
[ editar datos en Wikidata ] |
Liberato Marcial Rojas Cabral , nado en Asunción o 17 de agosto de 1870 e finado en Montevideo o 22 de agosto de 1922, exerceu a presidencia provisoria da República de Paraguai entre o 5 de xullo de 1911 e o 28 de febreiro de 1912.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Designado polo Congreso, gobernou nun período de revoltas políticas. Unha sublevación militar obrigouno a renunciar, pero foi reposto tres días despois. O resto do seu goberno transcorreu no medio de convulsións políticas, sendo obrigado novamente a renunciar en febreiro de 1912.
Durante o seu goberno adquiriuse a casa Patri para residencia presidencial (actual Dirección Xeral de Correos); creouse a Xunta Fiscalizadora para a emisión de billetes, e faleceu o expresidente Bernardino Caballero.
Casado con Susana Dores Silva, tivo 3 fillos. Faleceu en Montevideo, Uruguai, o 22 de agosto de 1922.
Presidente de Paraguai | ||
---|---|---|
Segue a: Albino Jara |
Liberato Marcial Rojas | Precede a: Pedro Pablo Peña |
Partido Liberal Radical Auténtico |