Alberto Míguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1940 A Coruña, España |
Morte | 25 de setembro de 2009 (68 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Alberto Míguez Alvarellos, nado na Coruña o 25 de outubro de 1940 e finado en Madrid o 25 de setembro de 2009, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Enrique Míguez Tapia catedrático e director do Instituto Masculino da Coruña. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Central, e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo. En 1963 comezou a dirixir o primeiro suplemento cultural de La Voz de Galicia, o Artes y Letras, no que facía recensións de cine, literatura e pintura. Foi subdirector do periódico económico 3-E.
En 1966 publicou o libro El pensamiento político de Castelao, editado en París por Ruedo Ibérico. O volume, unha antoloxía de textos de Castelao, levouno ante o Tribunal de Orde Pública. Foi defendido por Valentín Paz Andrade, e condenado a seis meses de prisión e unha multa.[1]
Seguiu a súa carreira profesional no diario Madrid, pechado en 1971 por Manuel Fraga. Comezou a traballar entón en La Vanguardia como correspondente en Marrocos e despois en Lisboa, onde cubriu a Revolución dos Caraveis. En 1976 participou na creación do xornal El País como redactor xefe da sección internacional, e despois regresou a La Vanguardia como correspondente diplomático. Entre 1982 e 1996 foi decano dos correspondentes diplomáticos de España. En 1986 o seu chalé de Zumaia (Guipúscoa) foi asaltado por membros de ETA. Morreu por mor dunha doenza hepática en Madrid o 25 de setembro de 2009.[2][3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado coa francesa Lilliane Dublanc, con quen tivo un fillo.
Obra
[editar | editar a fonte]- El pensamiento político de Castelao (Ruedo ibérico, 1966).
- Galicia: éxodo y desarrollo (Cuadernos para el Diálogo, 1967).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un periodista internacional", artigo de Carlos Fernández en La Voz de Galicia, 15 de setembro de 2005 (en castelán).
- ↑ Necrolóxica en ABC, 29-9-2009, p. 71.
- ↑ "Un periodista 'en peligro de extinción'", obituario en El Mundo, 1 de outubro de 2009 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.