Alberto Insúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alberto Insua»)
Infotaula de personaAlberto Insúa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Alberto Álvarez-Insúa y Escobar Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Galt y Escobar Editar o valor em Wikidata
23 de novembro de 1883 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e novela Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAlberto Insúa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSara Insúa de Palacios Editar o valor em Wikidata
PaiWaldo A. Insua Editar o valor em Wikidata
IrmánsSara Insúa Editar o valor em Wikidata
ParentesAlberto Sánchez Álvarez-Insúa (neto) Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 39100

Alberto Álvarez-Insúa Escobar, nado Alberto Galt Escobar e máis coñecido como Alberto Insúa, nado na Habana o 23 de novembro de 1883 e finado en Madrid o 8 de novembro de 1963, foi un escritor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado Alberto Galt Escobar, foi fillo do norteamericano Mateo Galt e de Sara Escobar de Cisneros, que pertencía a unha familia aristocrática asentada en Camagüey.[1] O mesmo ano do seu nacemento faleceu o seu pai, moito maior que a súa esposa. A súa nai casou, poucos anos despois, co galego Waldo Álvarez Insua, que o adoptou, e de quen tomou os apelidos tanto legal como literariamente. Del herdou a vocación literaria e converteuse nun importante novelista e dramaturgo (escribiu en especial varias comedias e dramas co seu conterráneo e parente, o diplomático Alfonso Hernández Catá).

Tiña trece anos cando a súa familia abandonou definitivamente Cuba, volvendo á Coruña, a causa da guerra hispano-estadounidense en 1898. En Madrid estudou Dereito e alí iniciou a súa carreira xornalística. Colaborou en varios periódicos españois: El País, El Imparcial, Blanco y Negro, La Esfera e Nuevo Mundo, e na primeira guerra mundial foi correspondente de ABC en París e despois de La Correspondencia de España, onde residira durante dez anos con anterioridade; alí escribiu a novela De un mundo a otro (1916) e declarouse aliadófilo.

En 1906 casou en Madrid con América Pérez de Villavicencio, filla do adiñeirado indiano Manuel Pérez Orosa, nacido en Ortigueira, o que lle permitiu gozar dunha vida mol e sen agobios económicos, o que el mesmo recoñeceu: «Ao comenzo do ano 1907 cambiaran as condicións da miña vida»​,[2] tralo que fundou a Editorial Pérez Villavicencio (un recoñecemento á súa esposa).

De 1905 a 1955 publicou centenares de artigos e unha cincuentena de novelas, así como novelas curtas e relatos na colección El Cuento Semanal. Foi membro do Ateneo de Madrid e da Sociedad de Cursos y Conferencias da Residencia de Estudiantes. Tamén foi asiduo contertulio de cafés. Na II República estivo vinculado ao Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux que o nomeou gobernador civil de Málaga o 20 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até novembro de 1935, cando foi nomeado gobernador civil de Áraba, até que foi cesado a finais de decembro dese ano.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Buenos Aires dende fins de xullo de 1937 a 1949.

Produción literaria[editar | editar a fonte]

Caricatura de Insúa en Mundo Gráfico, de Tovar, 1912.

O seu primeiro éxito literario foi a novela erótica La mujer fácil (1909), obra da que renegou avergoñado tempo despois, como conta nas súas memorias ("es una conversación de tenorios madrileños en un rincón de Fornos, del antiguo Fornos. Y nada más, desgraciadamente"),[4] de forma que se dedicou a cultivar unha narrativa de maior esixencia formal e ética.

Na súa produción destacan El negro que tenía el alma blanca (1922), talvez a súa obra máis famosa, traducida a moitos idiomas, e con tres versións cinematográficas, unha realizada en España en 1927 por Raimundo de Sarka, con Concha Piquer, unha segunda interpretada por Marino Barreto e Antonia Colomé realizada en 1934 e unha terceira en 1951 interpretada por Hugo del Carril. Tamén tivo éxito a súa novela Las flechas del amor (1912); estas tres novelas foron traducidas ao francés, italiano, alemán, sueco e portugués. Escribiu tamén Humo, dolor, placer (1928), La mujer, el torero y el toro (1926), El amante invisible (1930), El barco embrujado (1929), Un corazón burlado (1953) e Nieves en Buenos Aires (1955). En Ha llegado el día hai notas de actualidade dos episodios ocorridos coa proclamación da República en España. Tamén escribiu obras para a escena: En familia (1914) e La culpa ajena (1916) e, en colaboración con Borrás, Una mano suave. As súas Memorias: mi tiempo y yo en tres volumes (1952, 1953 e 1959) son un modelo de escritura e elegancia, e documentalmente moi importantes para historiar a vida intelectual e anecdótica da época.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Historia de un escéptico. En tierra de santos, 1907.
  • Historia de un escéptico. La hora trágica, 1908.
  • Historia de un escéptico. El triunfo, 1909.
  • La mujer fácil, 1909.
  • Las neuróticas, 1910.
  • La mujer desconocida, 1911.
  • El demonio de la voluptuosidad, 1911.
  • Las flechas del amor, 1912.
  • Los hombres. Mary los descubre, 1913; Mary los perdona, 1913.
  • El peligro, 1915.
  • De un mundo a otro. Novela de la guerra, 1916.
  • Las fronteras de la pasión, 1920.
  • La batalla sentimental, 1921.
  • Un corazón burlado, 1921.
  • El negro que tenía el alma blanca, 1922.
  • La mujer que necesita amar, 1923.
  • La mujer que agotó el amor, 1924.
  • Un enemigo del matrimonio, 1925.
  • Dos francesas y un español, 1925.
  • La mujer, el torero y el toro, 1926.
  • La virgen y la fiera, 1927.
  • El secreto de Cristina, 1928.
  • Marte interrumpe el amor, 1928.
  • La dama misteriosa, 1928.
  • Humo, dolor, placer, 1928.
  • El barco embrujado, 1929.
  • El amante invisible, 1930.
  • El amor en dos tiempos, 1931.
  • Ha llegado el día, 1932.
  • La diosa número 2, 1931.[5]
  • El complejo de Edipo, 1933.
  • La sombra de Peter Wald, 1938 (segunda parte de El negro que tenía el alma blanca.
  • Nieves en Buenos Aires, 1955.

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

Amor prohibido.
  • Las señoritas, 1907.
  • Amor prohibido, 1909.
  • Cómo cambia el amor, 1909.
  • El crimen de la calle de..., 1909.
  • La camarera del Bar Inglés, 1910.
  • Amores primaverales, 1911.
  • El padre y el hijo, 1911.
  • El alma y el cuerpo de Don Juan, 1912.
  • Aguas termales, 1912.
  • Tres líneas de «Matin», 1913.
  • En memoria de Víctor Bruzón, 1913.
  • El rival, 1914.
  • El cordero-lobo, 1915.
  • Juventina, 1915.
  • Marichu, 1915.
  • Espejismo, 1916.
  • La madrina. Tragicomedia, 1916.
  • Los hombres (Mary los descubre), versión abreviada, 1916.
  • Los hombres (Mary los perdona), versión abreviada, 1916.
  • La agonía de Don Juan, 1919.
  • Maravilla, 1920.
  • Las alas rotas, 1920.
  • Los filántropos, 1920.
  • Las cigarras, 1921.
  • La hiel, 1921.
  • Memorias de un asesino genial, 1921.
  • Hebes del arroyo, 1921.
  • Una aventura termal, 1922.
  • El hijo golfo, 1922.
  • La mujer y la muñeca, 1922.
  • Mi tía Manolita, 1922.
  • El manuscrito del Padre Clarencio, 1922.
  • Un idilio de quince días, 1922.
  • El regalo de la muerte, 1923.
  • El mejor de los tres, 1923.
  • Un asesino impecable, 1924.
  • La caricia de los brillantes, 1924.
  • La sangre triunfante, 1924.
  • Felicidad, 1924.
  • La locura del Rolls, 1924.
  • Las doce aventuras del año, 1924.
  • Las dos manos del amor, 1925.
  • El hijo postizo, 1925.
  • Una historia francamente inmoral, 1926.
  • El reflejo de Caín, 1926.
  • Olga, la revolucionaria, 1926.
  • La liga, 1926.
  • En el alegre Madrid de 1905, 1926.
  • La señorita y el obrero o un «flirt» en la verbena de San Antonio, 1926.
  • Mademoiselle Simone en Madrid, 1926.
  • La casa de los solteros, 1927.
  • El galán supersticioso o el matrimonio imposible, 1927.
  • El vicio y la virtud en el Atlántico, 1927.
  • Todo acabó bien, 1928.
  • Germana y su fox, 1928.
  • La amante vieja y el poeta, 1928.
  • El capitán Malacentella, 1929.
  • Pasión de artista, novela escénica en tres cuadros, 1929.
  • Aquel hombre..., 1930.
  • La encantadora señorita Irma, 1931.
  • Las flechas del amor, 1932.
  • El secreto de la abuela, 1936.
  • La batalla sentimental, 1936.
  • La curiosa impertinente, 1941.
  • Dos muñecas de París, 1941.
  • El tercer ladrón, 1952.
  • Epicteto, 1952 (na colección de novela breve «La hiel»).
  • Sastre, 1952 (na colección de novela breve «La hiel»).
Los días mejores (1910)

Coleccións de novelas breves[editar | editar a fonte]

  • Los días mejores, 1910.
  • Amores primaverales, 1911.
  • El deseo, 1912.
  • El alma y el cuerpo de Don Juan, 1915.
  • Juventina la bella, 1921.
  • Mi tía Manolita, 1926.
  • Hombres y mujeres que aman, 1927.
  • La segunda Salomé, 1931.
  • La hiel, 1952.

Contos[editar | editar a fonte]

  • "Espíritu Santo", 1906.
  • "Remordimiento", 1908.
  • "Confesión", 1910.
  • "Historieta de las vestiduras trocadas", 1911.
  • "La sabia", 1916.
  • Cuentos dramáticos, 1910. Contén "El imperdible", "El cómplice", "Espíritu Santo", "El jorobadito" e "Pepino".
  • "Epílogo risueño".

Dramas[editar | editar a fonte]

Unha escena de En familia.
  • En familia, 1914 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • Nunca es tarde, 1914 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • Cabecita loca, 1914 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • El amor tardío, 1915 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • El bandido, 1915 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • La culpa ajena, 1916 (coa colaboración de Alfonso Hernández Catá).
  • La madrileña, 1917.
  • Una mano suave (en colaboración con Tomás Borrás), 1928.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sobre beneficencia social. Memoria, presentada para su discusión en la Real Academia de Jurisprudencia y Legislación durante el curso 1904-1905. Madrid, Imprenta de la sucesora de M. Minuesa de los Ríos, 1905.
  • Don Quijote en los Alpes, Madrid, Renacimiento, 1921 (edición definitiva).
  • Los días mejores, Madrid, Librería de los sucesores de Hernando, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910.
  • Páginas de la guerra. Por Francia y por la libertad, Madrid, Renacimiento, 1917.
  • Nuevas páginas de la guerra, Madrid, Renacimiento, 1917.
  • Evocación de Hernández-Catá. Conferencia, Buenos Aires, 1943.
  • Mujeres de papel, Santa Fe, República Argentina, 1948.
  • El problema del hambre. Juicios emitidos, en colaboración para este libro, por D. Jacinto Benavente, D. A. Palacio Valdés e Alberto Insúa, Madrid, Minuesa, 1932.

Memorias[editar | editar a fonte]

Insúa (á dereita) asistindo a unha lectura literaria.
  • Memorias I. Mi tiempo y yo, Madrid, Tesoro, 1952.
  • Memorias II. Horas felices, tiempos crueles, Madrid, Tesoro, 1953.
  • Memorias III. Amor, viajes y literatura, Madrid, 1959.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Maurice Barrès, El Greco o el secreto de Toledo, Madrid, Renacimiento, 1914.
  • Edmond Jaloux, Lo demás es silencio, Madrid, Estrella, 1921.
  • Edmond Louis Antoine Huot e Jules de Goncourt, La mujer en el siglo XVIII (1862), Buenos Aires, Luis D. Álvarez, 1946.
  • Laure Permon duquesa de Abrantes, Portugal a principios del siglo XIX. Recuerdos de una embajadora, París, 1912; Madrid, Espasa-Calpe, 1945.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Insúa & Fortuño Llorens 2003, pp. Introducción.
  2. Barro Bello, Ramón. "La desencantada Casa de la Cordeira, una historia de luces y sombras. El edificio indiano del Cantón de Ortigueira cumple 120 años.". Revista Terras do Ortegal. nº 9 (2022) en prensa. 
  3. Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 4 de abril de 2017. 
  4. Cf. «Post-Scriptum» a La mujer fácil, Madrid, Renacimiento, 1920.
  5. En colaboración con Alfonso Hernández Catá, José Francés e Concha Espina. Cada autor escribiu un dos seus catro capítulos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hemingway, Maurice; "Alberto Insúa (1883-1963). Ensayo bibliográfico", Revista de Literatura, lvi, núm. 112, 1994, páxs. 510-512.
  • Insúa, Alberto; Fortuño Llorens, Santiago (2003). Fundación Santander Central Hispano, ed. Memorias (PDF). ISBN 84-89913-43-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]