Alberto Gracia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultade de Belas Artes de Pontevedra campus de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Obra | |
Obras destacables | |
Alberto Gracia, nado en Ferrol en 1978, é un director galego de cinema.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde se especializou na materia de escultura.
A súa obra (composta por pinturas, debuxos, performances, vídeos ou instalacións) estivo exposta en distintos países do mundo. No seu primeiro libro ensaístico Microfugas, teoría y juego de la profanación (Editorial Aristas Martínez, 2010), materializa o seu interese pola estética, tema sobre o cal realizou conferencias e mesas redondas, e participou en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011)[1].
O seu primeiro contacto co cinema foi coa curtametraxe Microfugas, rodada en 16mm no ano 2008. A súa primeira longametraxe foi O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, baseada na figura de Kaspar Hauser e gañadora do Premio FIPRESCI do International Film Festival Rotterdam de 2013[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O quinto evanxeo de Gaspar Hauser". Zeitun Films. Consultado o 24 de setembro de 2016.
- ↑ "Alberto Gracia. Ficha en IFFR". International Film Festival Rotterdam. Consultado o 24 de setembro de 2016.