Saltar ao contido

Alberto González Fernández (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto González Fernández
Biografía
Nacemento7 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Valdoviño
2015 –
← José Antonio Vigo Lago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata


Alberto González Fernández, nado en Ferrol o 7 de abril de 1968, é un político e arqueólogo galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arqueólogo, pertence ó Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia. A finais dos 90 creou a empresa Adóbrica Arqueoloxía[1]. Foi presidente do Consello Reitor da Cooperativa agraria de Lago[2]. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Valdoviño, logrando a vitoria por maioría simple. Porén non acadou a alcaldía, que foi para a candidata de Terra Galega que pactou co PPdeG e o concelleiro independente de UIV. En xullo de 2007 foi nomeado delegado territorial da Consellería de Política Territorial na Provincia da Coruña, onde se mantivo ata a vitoria do PPdeG nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009. Posteriormente, volveu a selo candidato socialista á alcaldía valdoviñesa nas municipais de 2011, se ben non acadou a alcaldía xa que foi superado polo PPdeG, permanecendo como portavoz na oposición.

Nas municipais de 2015 volveu a encabezala candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño e logrou a vitoria con 6 concelleiros, a 1 da maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde co apoio do edil de Centristas de Valdoviño e gobernou en minoría. Nas municipais de 2019 foi reelixido alcalde ó lograr unha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13 e un 61% dos votos), sendo o primeiro alcalde valdoviñés da democracia que logrou tanto ser reelixido como maioría absoluta.


Predecesor:
José Antonio Vigo Lago
 
Alcalde de Valdoviño
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. La Voz de Galicia, Ferrol, 4-9-1999, p.43.
  2. La Voz de Galicia, Ferrol, 18-4-2007, p.7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]