Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede central da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, da política de transporte, da vivenda e da xestión do medio ambiente. O seu titular actualmente é Ethel Vázquez.

Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de Obras Públicas tivo distintas denominacións ao longo da súa historia, así incorporase unhas funcións ou outras ou se incidise máis nuns aspectos políticos ou outros. Chamóuselle consellería de Transportes e Obras Públicas (COTOP) e tamén consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os cambios máis importantes prodúcense en 2005 cando as competencias sobre vivenda pasan a ter unha consellería de seu, e en 2009, coa incorporación da área de xestión do medio ambiente, que ata daquela fora xestionado pola consellería de Medio Ambiente e a recuperación de vivenda. Tamén nese ano perde a competencia sobre os portos, que pasan a depender da consellería do Mar.

Lista dos conselleiros[editar | editar a fonte]

  1. Ángel Mario Carreño: 1982 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  2. Xavier Suárez-Vence: 1986 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  3. Fernando Pedrosa Roldán: 1986 - 1987, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  4. Antolín Sánchez Presedo: 1987 - 1990, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  5. Xosé Cuíña: 1990 - 2003, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  6. Alberto Núñez Feijóo: 2003 - 2005, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  7. María Xosé Caride: 2005-2009, como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
  8. Agustín Hernández: 2009-2014, como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  9. Ethel Vázquez: 2014- , como conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

Secretarías e direccións xerais[editar | editar a fonte]

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Territorio conta coas seguintes direccións e secretarías xerais:

Entes públicos adscritos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas