Saltar ao contido

Albert Stroni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Stroni
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Fier, Albania Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1990 Dinamo Tirana 35(13)
1990–1992 Apolonia Fier 33(4)
1992–1992 FK Partizan 5(0)
1993–1993 Dinamo Tirana 26(13)
1993–1994   SD Compostela 0(0)
1994–1995   CD Ourense 0(0)
1995–1998 Club Deportivo Lemos 99(58)
1999–2000 Gimnástica Segoviana Club de Fútbol 5(0)
2000–2000 Futebol Clube da Maia 1(0)
2000–2000 Mérida Unión Deportiva 14(10)
2001–2001 Club Deportivo Don Benito 13(2)
2001–2002 Angers SCO 12(1)
2002–2006 Club Deportivo Lemos
2006–2007   Club Deportivo Lalín
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Albania
  Albania sub-21

Albert Stroni, nado en Fier o 18 de novembro de 1971, é un antigo xogador de fútbol e actual adestrador albanés. Na actualidade é o adestrador do CD Lemos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Stroni comezou xogando en equipos albaneses, onde se revelou como un produtivo dianteiro, primeiro no Dinamo Tirana e posteriormente no Apolonia Fier (1990). Nese ano, e durante unha viaxe coa selección sub-21 de Albania a Sevilla, escapou do equipo e solicitou asilo político. As autoridades albanesas non lle deron a carta de liberdade para poder xogar ao fútbol en España, e regresou para xogar dúas tempadas no Apolonia. De aí saltou a fronteira para xogar no Partizan Belgrado serbio en 1992. Mais non tivo moitas oportunidades de ser titular, e rematou a tempada de volta no Dinamo Tirana.

Ao ano seguinte, e despois de probar con outros equipos españois (Leganés, Cádiz, Toledo[1]), veu xogar a unha SD Compostela que daquela militaba en Segunda e preparaba o ascenso a Primeira, pero por problemas administrativos non chegou a disputar un só partido. Marchou pois cedido ao Club Deportivo Ourense, que tamén estaba naquela altura en Segunda, pero tampouco conseguiu xogar ningún partido neste caso por problemas de disciplina[1]. Como solución, fichou polo Lemos monfortino, onde se converteu nun dos xogadores máis importantes da súa historia: marcou un gol cada dous partidos que disputou, e conseguiu ascender a Terceira.

Despois Stroni iniciou un percorrido por diversos equipos. Primeiro foi á Ponte Ourense, á tempada seguinte á Gimnástica Segoviana, e na seguinte a tres equipos: o portugués Maia e os españois Mérida e Don Benito. En 2001 marchou a Francia a xogar co Angers, pero despois dunha pobre campaña volveu ao Lemos. En Monforte aínda xogou tres tempadas máis, combinando as tarefas de xogador coas de adestrador, e despois dun ano no Lalín, regresou ao Lemos, onde se retirou en 2010.

Na tempada 2010-2011 Stroni foi unicamente o adestrador do Lemos.

Como internacional

[editar | editar a fonte]

Stroni xogou para a Albania un total de 35 partidos, contabilizadas todas as categorías, mais só 3 partidos coa selección absoluta.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Stroni abriu un concesionario de coches en Ourense[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 "Desde Albania con balón"; artigo de Xosé Manuel Pereiro en El País, 25 de xaneiro de 2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]