Club Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CD Lemos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lemos
Club Lemos Fútbol Lugo.svg
NomeClub Lemos
Fundación1923
EstadioA Pinguela,
Monforte de Lemos
Inauguración1999
Capacidade1.100
PresidenteGalicia Óscar Manuel López Cerceda
AdestradorGalicia Eduardo Rodríguez
LigaPreferente
2019–2015º (Preferente Norte)
VestimentaLuanvi
PatrocinadorA21 e BricoKing[1][2]
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Club Lemos é un club de fútbol galego, da cidade de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo. Foi fundado en 1923, é un dos clubs de fútbol máis antigos de Galicia.

Disputou 51 tempadas na Terceira División Española, sendo o primeiro equipo galego en acadar esa cifra[3] e o segundo con máis participacións na categoría. Actualmente xoga no grupo norte da Preferente Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

O Club Lemos fundouse en Monforte de Lemos en 1923 froito da fusión entre o Atlético e o Monforte F.C., sendo José Ibáñez o seu primeiro presidente.[3]

En 1934 conseguiu o ascenso á Serie A logo de finalizar na primeira posición ao final da liga, con todo, posteriormente a Federación Galega de Fútbol sancionou ao club monfortino por aliñar a un xogador cuxa situación non estaba legalizada durante un partido fronte o Ferrol F.C., polo que foi finalmente o equipo departamental se alzou co título da Serie B, mentres que o Lemos conseguiu o ascenso de categoría.[4] Na tempada 1934-35 participou por primeira vez no Campionato de Galicia, no que finalizou na segunda posición con 13 puntos e un rexistro de seis vitorias, un empate e tres derrotas, tan só por detrás do Unión Sporting Club de Lavadores, equipo contra o que caeu na derradeira xornada do campionato por dous goles a cero.[5]

Na tempada seguinte, con todo, alzouse co título logo de superar no partido decisivo ao Club Coruña por cinco goles a dous, finalizando deste xeito a liga con 14 puntos, un máis que os coruñeses, e un rexitro de seis vitorias, dous empates e dúas derrotas.[6] Deste xeito o Lemos clasificouse para disputar a primeira rolda da Copa de España ese mesmo ano fronte ao Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Real Stadium Club Avilesino (este último ficou descualificado), onde finalizou na segunda posición do seu grupo e polo tanto non conseguiu clasificarse para a segunda rolda.[7]

Consolidación en Terceira[editar | editar a fonte]

Xogou 51 tempadas na Terceira división española na súa historia, a maior parte delas case seguidas, entre as tempadas 1943-44 e 1991-92, descendendo nos anos 1948, 1958, 1969, 1976 e 1986, e ascendendo en 1949, 1959, 1970, 1980 e 1987.

Tras o descenso da tempada 1991-92 volveu ascender na tempada 1996-97. Na tempada 2001-02 xogou a promoción de ascenso a Segunda División B sen éxito, descendendo novamente na tempada 2002-03 e ascendendo na 2005-06. Na tempada 2007-08, tras quedar 20º, descendeu á Preferente Norte.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010-11 o equipo descendeu a Primeira Autonómica por primeira vez na súa historia. Despois dunha boa traxectoria durante toda a tempada, o equipo conseguiu o ascenso á Preferente no 2012 a seis xornadas do final.[8] Porén, volveu descender dous anos despois, ficando outra vez un só ano na categoría Autonómica, xa que acadou o ascenso á Preferente no 2015. Neste vaivén de ascensos e descensos da segunda década do século, no 2017 non conseguiu manter a categoría, caendo novamente á Preferente.

Estadio[editar | editar a fonte]

O equipo xoga os seus partidos como local no Campo Municipal da Pinguela, inaugurado en 1999. Ten capacidade para 1.100 espectadores nunha única bancada cuberta e é de herba natural. Arredor do terreo de xogo dispón de pista de atletismo e tamén de zonas de lanzamento e salto.[9]

Antes da súa inauguración xogaba no campo de fútbol Luís Bodegas,[10] no que actualmente realiza os adestramentos e onde xoga o seu equipo filial. Foi remodelado entre 2007 e 2009 e é de céspede artificial.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1924/25 ?
1925/26 ?
1926/27 Serie B
1927/28 Serie B
1928/29 Serie B
1929/30 Serie B
1930/31 Serie B
1931/32 Serie B /
1932/33 Serie B
1933/34 Serie B / Green Arrow Up.svg
1934/35 Serie A
1935/36 Serie A Green Arrow Up.svg
1939/40
1940/41
1941/42
1942/43 Serie A Green Arrow Up.svg
1943/44
1944/45
1945/46
1946/47
1947/48 12ºRed Arrow Down.svg
1948/49 Serie A Green Arrow Up.svg
1949/50 13º
1950/51 14º
1951/52
Tempada Categoría Posto
1952/53 11º
1953/54 16º
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58 15ºRed Arrow Down.svg
1958/59 Serie A Green Arrow Up.svg
1959/60 14º
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64 13º
1964/65 11º
1965/66 10º
1966/67 11º
1967/68
1968/69 19ºRed Arrow Down.svg
1969/70 Serie A Green Arrow Up.svg
1970/71 16º
1971/72 15º
1972/73 12º
1973/74
1974/75 15º
1975/76 20ºRed Arrow Down.svg
1976-77 Rex. Pref. 12º
Tempada Categoría Posto
1977-78 Rex. Pref.
1978-79 Rex. Pref. 15º
1979-80 Preferente Green Arrow Up.svg
1980/81 14º
1981/82 15º
1982/83
1983/84 13º
1984/85 19º
1985/86 17ºRed Arrow Down.svg
1986/87 Preferente Green Arrow Up.svg
1987/88
1988/89
1989/90 14º
1990/91 14º
1991/92 20º Red Arrow Down.svg
1992-93 Preferente 12º
1993-94 Preferente
1994-95 Preferente
1995-96 Preferente Green Arrow Up.svg
1996/97 10º
1997/98
1998/99 12º
1999/00 14º
2000/01
2001/02
Tempada Categoría Posto
2002/03 20º Red Arrow Down.svg
2003/04 Preferente
2004/05 Preferente Green Arrow Up.svg
2005/06 17º
2006/07 17º
2007/08 20º Red Arrow Down.svg
2008/09 Preferente 16º
2009/10 Preferente 14º
2010/11 Preferente 16º Red Arrow Down.svg
2011/12 1ª Autonómica Green Arrow Up.svg
2012/13 Preferente 15º
2013/14 Preferente 18º Red Arrow Down.svg
2014/15 1ª Autonómica Green Arrow Up.svg
2015/16 Preferente 10º
2016/17 Preferente 15º
2017/18 1ª Galicia
2018/19 1ª Galicia Green Arrow Up.svg
2019/20 Preferente 15º
2020/21 Preferente

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

  • Participacións: 6
  • Mellor posición: 1/128 de final (1948, 1976, 1984)
  • Resultados:
Competición Tempadas PX PG PE PP} GF GC Dif. Puntos
Copa do Rei 6 11 2 1 8 7 23 -16 7
  • Partidos disputados:
Tempada Rolda Data Local Resultado Visitante
1944 1ª Rolda 20 de febreiro de 1944 UD Ourensana 3–0 Club Lemos
1947-48 2ª Rolda 19 de outubro de 1947 Club Lemos 4–2 SD Ponferradina
3ª Rolda 28 de decembro de 1947 Cultural Leonesa 2–0 Club Lemos
1973-74 1ª Rolda 26 de setembro de 1973 Club Lemos 1–1 Pontevedra CF
20 de outubro de 1973 Pontevedra CF 2–0 Club Lemos
1974-75 1ª Rolda 30 de outubro de 1974 Pontevedra CF 4–0 Club Lemos
17 de novembro de 1974 Club Lemos 2–1 Pontevedra CF
1975-76 1ª Rolda 12 de outubro de 1975 Club Lemos 0–1 Rayo Vallecano
16 de novembro de 1975 Rayo Vallecano 5–0 Club Lemos
1983-84 1ª Rolda 14 de setembro de 1983 Club Lemos 0–1 Arousa SC
28 de setembro de 1983 Arousa SC 1–0 Club Lemos

Palmarés[editar | editar a fonte]

Presidencia[editar | editar a fonte]

Foron presidentes do Club Lemos na súa historia:[11]

  • José Ibáñez
  • Ramón Pérez
  • Antonio Varela
  • Dámaso López
  • José Real
  • Juan Carlos Durán
  • José Antonio Díaz
  • Manuel Ferreiro
  • Antonio Pérez
  • Mariano Rodríguez Cedrón
  • Antonio Feijoo (2009-2012)
  • Gaspar Pérez Carnero (2012-2014)
  • Antonio Pérez (2014-2017)
  • Óscar López Cerceda (2017-actualidade)[11]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Equipo filial[editar | editar a fonte]

O Lemos conta cun equipo filial, o Lemos B, que xoga na Terceira Galicia. O equipo creouse en 2018 coa intención de formar xogadores para o primeiro equipo.[12]

Tempada Categoría Posición
2018/19 3ª Galicia 10º
2019/20 3ª Galicia

Fútbol base[editar | editar a fonte]

Ata 2012 o Lemos tivo equipos de fútbol base. Ese ano, ante a delicada situación económica do club, varios pais de xogadores da canteira decidiron crear un novo club dedicado exclusivamente ao fútbol base, o Club de Fútbol Monforte.[13] Ten convenios de colaboración co Lemos, igual que o Club Polideportivo Calasancio, o outro equipo de fútbol base da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fotografías do Lemos vs SD Dubra[Ligazón morta], Web da SD Dubra
  2. A temporada do fútbol galego[Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 Mourelo, P. (11 de novembro de 2010). "Un club en la Preferente que llegó a estar en Segunda". El Progreso (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  4. "Fútbol. La Serie B. La Federación falla en favor de los ferrolanos". El Pueblo Gallego nº 3.224 (en castelán). 1 de agosto de 1934. p. 6. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  5. "Venció el Unión Sporting al Lemos en La Florida, proclamándose campeón de la primera categoría regional". El Pueblo Gallego nº 3.361 (en castelán). 15 de xaneiro de 1935. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  6. "El Lemos, campeón". El Pueblo Gallego nº 3.805 (en castelán). 19 de novembro de 1935. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  7. "Spain - Cup 1936" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  8. "O Lemos ascende de novo a Preferente Autonómica". 25 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  9. "Instalaciones". Concello de Monforte de Lemos. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  10. "O Reboredo, entre la historia militar y el desarrollo industrial". El Progreso. 16 de maio de 2014. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 "Cita coa historia do Club Lemos". La Voz de Galicia. 1 de decembro de 2012. Consultado o 27 de novembro de 2019. 
  12. "El Lemos B será una realidad". La Voz de Galicia. 13 de abril de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  13. "Nace o Club de Fútbol Monforte". La Voz de Galicia. 4 de maio de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]