Albert Riera
Albert Riera | |||
---|---|---|---|
Riera xogando co Galatasaray | |||
Información persoal | |||
Nome | Albert Riera Ortega | ||
Nacemento | 15 de abril de 1982 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Manacor | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Interior esquerdo | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2000 | Mallorca | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2002 | Mallorca B | ||
2001–2003 | Mallorca | 46 | (6) |
2003–2005 | Bordeaux | 53 | (4) |
2005–2008 | Espanyol | 72 | (8) |
2006 | → Manchester City (cedido) | 15 | (1) |
2008–2010 | Liverpool | 40 | (3) |
2010–2011 | Olympiacos | 24 | (6) |
2011–2014 | Galatasaray | 23 | (1) |
2014- | Udinese | ||
2014 | → Watford FCCedido | ||
2015- | Mallorca | ||
Selección nacional | |||
2000–2001 | España sub-18 | 11 | (0) |
2002–2003 | España sub-21 | 15 | (2) |
2007–2009 | España | 16 | (4) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 30 de xaneiro de 2012. Selección: actualizado a 28 de decembro de 2009.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Albert Riera Ortega, nado en Manacor o 15 de abril de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de interior esquerdo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira no RCD Mallorca, onde xogou ata o ano 2003. No verán dese mesmo ano, Riera fichou polo Girondins de Bordeaux, onde foi titular nas dúas primeiras tempadas. Xogou máis de 50 partidos para o equipo francés, e anotou 4 goles.
Riera volveu a España no ano 2005, cando fichou polo RCD Espanyol.[1] Na súa primeira tempada xogou só oito partidos, antes de ser cedido ao Manchester City en xaneiro de 2006,[2], onde tampouco foi capaz de asentarse no once titular. Volveu ao Espanyol ao remate da tempada 2006-07.
O 1 de setembro de 2008, fichou polo Liverpool FC a cambio de 8 millóns de libras, e asinou co club inglés un contrato de catro anos. Ata a súa marcha no ano 2010, xogou 40 partidos e anotou 3 goles. Foise o 23 de xullo ao Olympiakos FC, fichando por catro anos co club grego.[3]
O 3 de setembro de 2011, Riera fichou polo Galatasaray S.K. da Superliga de Turquía a cambio de 3 millóns de euros, asinando un contrato por 4 anos.[4][5]
Selección de España[editar | editar a fonte]
Riera fixo o seu debut coa selección española o 13 de outubro de 2007, nun partido correspondente á clasificación para a Eurocopa de 2008 contra Dinamarca. Saíu dende o banco e anotou un gol na vitoria de España por 3-1. Porén, non foi seleccionado para disputar a Eurocopa, onde a súa selección gañou o campionato.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Rei | RCD Mallorca | España | 2003 |
Copa do Rei | RCD Espanyol | España | 2006 |
Superliga de Grecia | Olympiakos FC | Grecia | 2011 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Riera wings into Espanyol; UEFA, 7 de xullo de 2005
- ↑ City tempt Riera to England; UEFA, 5 January 2006
- ↑ "Liverpool winger Albert Riera completes Olympiakos move". BBC Sport. 23 de xullo de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2010.
- ↑ Riera Joins Galatasaray
- ↑ Bilgi: Albert Riera Ortega
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Riera |
- Futbolistas das Illas Baleares
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do RCD Mallorca B
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do FC Girondins de Bordeaux
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Manchester City FC
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do Olympiacos FC
- Xogadores do Galatasaray SK
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Nados en Manacor
- Nados en 1982
- Xogadores do Udinese Calcio
- Xogadores do Watford FC