Al Sears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al Sears
Nacemento22 de febreiro de 1910
Lugar de nacementoMacomb
Falecemento23 de marzo de 1990
Lugar de falecementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónlíder de banda, director de orquestra, músico de jazz, saxofonista e compositor
Na rede
Musicbrainz: 52f9e4c8-27e2-4151-9d3c-8a505d0d044b Discogs: 309989 Allmusic: mn0000611743 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Al Sears, nado en Macomb (Illinois) o 22 de febreiro de 1910 e finado en Nova York o 23 de marzo de 1990, foi un saxofonista e compositor de jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en 1927, entrando moi pronto a traballar na big band de Chick Webb (1928-1930). A comezos dos anos 1930, dirixiu diversos pequenos combos, aínda que abandonou a música durante un tempo. Xa na década de 1940, volverá á escena, con Andy Kirk e Lionel Hampton, así como á fronte dunha banda que incluía a Lester Young. En 1944 entra na orquestra de Duke Ellington, substituíndo a Ben Webster, permanecendo con el até 1949, cando realiza varias gravacións canda Johnny Hodges. Xa nos anos 1950, tocará en bandas de rhythm and blues e dirixirá unha empresa de edicións musicais, xunto a Budd Johnson.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]