Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib
O extraordinario sobre as xoias de Occidente | |
---|---|
Extracto do capítulo sobre Villena, no que se fala sobre o poeta Hasan Rashid. | |
Título orixinal | Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib |
Autor/a | Ibn Sa'īd al Magribī |
Orixe | Al-Ándalus |
Lingua | Árabe |
Xénero(s) | Poesía, xeografía, historiografía |
Data de pub. | Arredor de 1240 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (en árabe المغرب في حلى المغرب) é unha obra do granadino Ibn Sa'īd al Magribī escrita no século XIII. O seu título significa O extraordinario sobre as xoias de Occidente. Está a metade de camiño entre unha antoloxía poética e unha obra xeográfica, xa que reúne información sobre os poetas do Magrebe organizados segundo a súa orixe xeográfica: os de Córdoba, os toledanos, os valencianos etc.
Cada capítulo rexional está ademais divido en sub-seccións, primeiro a capital provincial, logo as localidades máis importantes. Esta clasificación é moi interesante desde o punto de vista xeográfico, xa que dá fe de cales eran as divisións, como estaban subdivididas, cales eran as principais localidades e a categoría das mesmas. O seu método, sistemático, divide os núcleos de poboación en tres categorías principais: medina (cidade), hisn (fortificación) e qarya (aldea ou alquería). Esta terminoloxía foi a habitual durante os séculos XII e XIII en al-Ándalus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ruiz Molina, Liborio (1990‑1991). "El Hisn rural de Yecla: aportaciones a la arqueología musulmana de la Región de Murcia en áreas del interior". Miscelánea medieval murciana (en español) 16: 235–272. ISSN 0210-4903. Consultado o 14 de abril de 2012.
- Bazzana, A.; Cressier, P.; Guichard, P. (1988). Publications de la Casa de Velázquez, ed. Les chateaux ruraux d'Al-Andalus. Histoire et Arqueologie des Hussun du sud-est de l'Espagne.