Ålesund
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Ålesund é unha cidade do condado de Møre og Romsdal, en Noruega. Segundo o censo, en 2015 tiña 46 316 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada sobre un arquipélago, e ocupa tres das illas exteriores occidentais (Hessa , Aspøy , Nørvøy) á entrada do fiorde de Stor.
Historia
[editar | editar a fonte]Cara ao sur da vila atópanse as ruínas do castelo de Hrolf Ganger (máis coñecido como Rollon), fundador no século IX da dinastía dos duques de Normandía. O primeiro asentamento data do século XVI.
O 23 de xaneiro 1904 produciuse un gran lume que destruíu 800 casas, construídas en madeira. O káiser Guillerme II de Alemaña, que adoitaba pasar períodos de vacacións na vila, enviou centos de artesáns alemáns e cincuenta arquitectos para a reconstrución da cidade; froito disto foi que a cidade foi reconstruída enteiramente no estilo coñecido como Art Nouveau (chamado Jugendstill en alemán).
En 1948 concedéuselle o estatuto de cidade.
A cidade é a capital pesqueira norueguesa e serve de base á frota pesqueira de arenque e bacallau do Ártico. Sunnmørsposten é o xornal local.