Agustín Peralta
Nome orixinal | (es) Agustín Peralta Panzano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 28 de maio de 1954 (70 anos) Lalueza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Agustín Peralta Panzano, nado en Lalueza (provincia de Huesca) o 28 de maio de 1954, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 1979–80 fichou polo CE Sabadell, en Segunda División. No conxunto catalán xogou un papel principal durante dúas campañas, participando en 76 encontros e logrando 11 goles.
Na tempada 1981–82 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde permaneceu 4 campañas. Cun papel principal durante as dúas primeiras, non xogou practicamente ningún encontro nas dúas últimas, relegado á suplencia coa chegada ao banquiño do técnico Arsenio Iglesias na tempada 1983–84 e a incorporación de centrocampistas como Fernando Muñoz ou a titularidade de Jaime Agulló. Durante a súa estadía no Deportivo participou en 68 partidos e marcou 6 tantos, quedando sempre o club galego na zona tranquila da clasificación.
En 1987/88 xogou no Racing Club de Ferrol, disputando 37 partidos e marcando 3 goles. Co cadro verde logrou o ascenso á 2ª División B nesa campaña.