Saltar ao contido

Agustín Fernández González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgustín Fernández González
Biografía
Nacemento22 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata

Agustín Fernández González, coñecido popularmente como Tino Fernández e nado en Pontevedra o 22 de abril de 1961, é un avogado e político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra do PSdeG - PSOE.

Licenciouse en Dereito. Militante do PSdeG-PSOE dende 1990, presentándose ás primarias á alcaldía para as eleccións municipais de 1991, pero foi superado por Roberto Taboada Rivadulla. Foi secretario de organización da Unión General de Trabajadores de Pontevedra ata 1995 e concelleiro co PSdeG en Pontevedra entre 1995 e 1999 e desde 2011 de novo. Foi directivo da Sociedad Deportiva Teucro (2009-2011) e avogado da plataforma Salvemos Pontevedra fronte á fábrica de celulosa de Ence.[1] Dende 2011 ata 2015 foi concelleiro de Educación e Deportes, dentro do pacto de goberno entre BNG e PSdeG na cidade de Pontevedra. En novembro de 2013 foi elixido secretatio xeral da agrupación socialista da cidade de Pontevedra, pasando a ocupar a secretaría de organización dende xaneiro de 2018 ata marzo de 2022 baixo o mandato de Maica Larriba. Foi candidato do PSdeG á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2015, mantendo 3 concelleiros e formando parte da oposición ao BNG, repetindo en 2019, cando logrou 4 concelleiros e pasou a gobernar en coalición cos nacionalistas, sendo primeiro tenente de alcalde e responsable das áreas de Educación, Deportes e Saúde. Concorreu ás primarias previstas en decembro de 2022 para elixir o candidato socialista á alcaldía de Pontevedra de 2023 fronte ao concelleiro Iván Puentes, porén, retirouse da contenda dous días antes da data das votacións, polo que Puentes foi proclamado candidato. Desta forma, confirmou que continuaría nos seus cargos no concello ata o remate do mandato.


Predecesor:
Anabel Gulías
 
1º Tenente de Alcalde de Pontevedra
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]