Agustín Fernández González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín Fernández González
Nacemento1961
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Agustín Fernández González, coñecido popularmente como Tino Fernández e nado en Pontevedra en 1961, é un avogado e político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra do PSdeG - PSOE.

Licenciouse en Dereito, foi secretario de organización da Unión General de Trabajadores de Pontevedra ata 1995 e concelleiro co PSdeG en Pontevedra entre 1995 e 1999 e desde 2011 de novo. Foi directivo da Sociedad Deportiva Teucro (2009-2011) e avogado da plataforma Salvemos Pontevedra fronte á fábrica de celulosa de Ence.[1] Foi candidato do PSdeG á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2015 e de 2019.

Notas[editar | editar a fonte]