Agustín de Foxá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín de Foxá
Ibiza-1.jpg
Placa conmemorativa
Nacemento28 de febreiro de 1906
 Madrid, España España
Falecemento30 de xuño de 1959
(53 anos)
 Madrid, España España
SoterradoCemitério de San Isidro
NacionalidadeEspaña
Alma máterColegio Nuestra Señora del Pilar
Ocupaciónxornalista, diplomático e escritor
Paisen etiquetar
NaiMaría de las Candelas Torroba y Goicoechea
IrmánsJaime de Foxá e Ignacio de Foxá y Torroba
XénerosNovelas e poesía
PremiosPremio Mariano de Cavia
editar datos en Wikidata ]

Agustín de Foxá Torroba, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1906[1] e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 1959, foi un poeta, novelista, periodista e diplomático español. III conde de Foxá e IV marqués de Armendáriz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros versos publicounos en De todo un poco, revista do Colexio do Pilar. Estudou Dereito na súa cidade natal; en 1930 ingresou na carreira diplomática e foi destinado a Sofía e Bucarest. O seu colega Edgar Neville foi unha das súas primeiras amizades literarias. Colaborou en revistas como La Gaceta Literaria, Héroe e Mundial, e na prensa diaria (en ABC desde 1930). O seu primeiro libro, La niña del caracol (Madrid, 1933), con dedicatorias a Ramón Gómez de la Serna, María Zambrano e Marichalar, foi editado e prologado por Manuel Altolaguirre; mestura elementos do Modernismo con outros procedentes das Vangardas e o 27. Antes da guerra só publicou outro libro, El toro, la muerte y el agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936), con prólogo de Manuel Machado.

A Guerra Civil atopouno en Madrid, onde acababa de tributárselle unha homenaxe con motivo de ser destinado ao Consulado de España en Bombai; como era aristócrata, estivo a piques de ser fusilado, como escribe ao seu irmán:

O día 21 de xullo estiven a piques de ser fusilado. Eran as catro da tarde cando oín gritos e blasfemias e empezaron a golpear a porta coas culatas. Dei orde ao ama que abrise e entraron oito facinorosos que me apuntaron[2]

Ao cabo marchou a Bucarest como Secretario de Embaixada na Representación Diplomática da República, desde onde, tras uns meses de dobre xogo, uniuse ao bando nacional. Participou en diversas revistas da Falanxe, como Xerarquía e Vértice, e máis tarde dirixiu Legiones y Falanges, publicación bilingüe en español e italiano. Como diplomático estivo destinado ademais en Roma, de onde foi expulsado en 1940 baixo a acusación de espionaxe, en Helsinqui (en 1942 visita a fronte de Leningrado acompañado polo escritor Curzio Malaparte) e en Buenos Aires (1947-1950), onde obtivo un profundo coñecemento da realidade española e internacional. Ingresou nas filas falanxistas na turbulencia dos anos trinta. Deu numerosas conferencias por Hispanoamérica, onde ás veces atopou a oposición dos exiliados republicanos. Recibiu o premio Mariano de Cavia en 1948 e en 1959 foi nomeado académico de número da RAE na cadeira Z, aínda que non chegou a tomar posesión.

A finais de 1949 e comezos de 1950, participou[3] na "misión poética"[4] cos poetas Antonio de Zubiaurre, Luís Rosales e Leopoldo Panero, percorrendo diferentes países iberoamericanos (entre outros Honduras) previamente ao restablecemento de relacións diplomáticas entre estes países e o réxime de Franco. Nese mesmo ano (1950) é destinado á Embaixada española da Habana, e volve a España en 1955, ano en que é elixido ademais académico na Real Academia Española sucedendo a Agustín González de Amezúa, pero morreu o 30 de xuño de 1959 sen pronunciar o seu discurso de ingreso.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Obras completas, Madrid: Prensa Española, I, 1963; II, 1971 e III, 1976: tres vols. — o cuarto non chegou a publicarse.

Artigos na prensa[editar | editar a fonte]

  • Nostalgia, intimidad y aristocracia
  • Un mundo sin melodía (1950).
  • Artículos selectos

Poesía lírica[editar | editar a fonte]

  • La niña del caracol, 1933.
  • El toro, la muerte y la agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936)
  • El almendro y la espada, 1940.
  • Poemas a Italia
  • Antología poética 1933–1948, Madrid, 1949.
  • El gallo y la muerte, 1949.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Madrid, de Corte a checa (Salamanca: Jerarquía, 1938; segunda edición corrixida e aumentada San Sebastián: Librería Internacional, 1938).
  • Misión en Bucarest y otras narraciones
  • Historias de ciencia ficción.

Teatro en verso[editar | editar a fonte]

  • Cui-Ping-Sing (1940).
  • El beso a la bella durmiente.

Teatro en prosa[editar | editar a fonte]

  • Baile en capitanía (1944).
  • Gente que pasa.
  • Otoño del 3006, distopía futurista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sagrera, Luis 1967: Agustín de Foxá y su obra literaria. Cuadernos de la Escuela Diplomática, Madrid.
  2. El día 21 de julio estuve a punto de ser fusilado. Eran las cuatro de la tarde cuando oí gritos y blasfemias y empezaron a golpear la puerta con las culatas. Di orden al ama que abriera y entraron ocho facinerosos que me apuntaron
  3. Foxá y Honduras
  4. Viaje de Tres poetas a América en ABC, 29-11-1949.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]