Fernando Pereira Caamaño
Fernando Pereira Caamaño | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1931 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 21 de abril de 2000 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Pereira Caamaño, nado en Vigo o 18 de maio de 1931 e finado o 21 de abril de 2000, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Perito industrial. Emigrou a Uruguai en 1956 e alí desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1977 retornou a Galicia, instalouse en Soutomaior e fundou a libraría Castelao en Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a Candidatura Veciñal Independente á alcaldía de Soutomaior e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións ata 1995. Logo da súa etapa na alcaldía refundou a asociación "Amigos do País".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernando Pereira. Sempre por Galicia. Vigo: Ir Indo. 2010. ISBN 978-84-7680-659-3.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Artigo en Faro de Vigo[cando?]
- Artigo en Faro de Vigo[cando?]
- Fernando Pereira, gravado en pedra.[cando?]
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Soutomaior 1979 - 1995 |
Sucesor: Agustín Reguera Ocampo |