Aguia pomerana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia pomerana
Adulto
Adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Buteoninae (disputado)
Xénero: Clanga
Especie: C. pomarina
Nome binomial
'Clanga pomarina'
Brehm, 1831
Verán (verde claro) e inverno (azul)

Verán (verde claro) e inverno (azul)
Sinonimia

Aquila pomarina

Distribución xeográfica

A aguia pomerana (Aquila pomarina) é unha ave rapaz.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

É unha aguia de tamaño pequeno, cunha lonxitude de entre 55–66 cm, unha envergadura entre 143–168 cm e cun peso entre 1100 e 2000 gramos. De cor pardo, máis claro cá Aguia manchada. As femias son idénticas ós machos.

Aliméntase de roedores, anfibios, pequenas aves e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas con presenza de auga.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A cría realizase en Europa entre os meses de abril e xuño. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 38-41 días. Os polos permanecen no niño entre 50-55 días.

Distribución[editar | editar a fonte]

Dende abril a setembro permanece en Europa, dende a parte máis Oriental de Alemaña ata o Extremo Occidental de Rusia. Do norte ó sur, esténdese dende os Países Bálticos ata Grecia, Turquía e os países do Cáucaso. Esporadicamente, observable durante a migración, en Italia e Oriente Próximo. Iverna en África.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest. (en castelán)
  1. BirdLife International (2013). "Aquila pomarina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.