After We Fell
| After We Fell | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Formato de imaxe
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
| Temática | |||||
|
Baseado en
| |||||
| Publicación | |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Parte da serie
| |||||
| Datas | |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata | |||||
After We Fell[1] é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Castille Landon. O guión foi escrito por Sharon Soboil, e baséase na novela homónima de 2014 escrita por Anna Todd. Está protagonizado por Josephine Langford e Hero Fiennes-Tiffin, intepretando a Tessa Young e Hardin Scott, respectivamente, e conta como Tessa se prepara para marchar para o seu traballo en Seattle, a chegada do pai de Tessa e as revelacións sobre a familia de Hardin, que ameazan a relación da parella. Louise Lombard, Rob Estes, Arielle Kebbel, Chance Perdomo, Frances Turner, Kiana Madeira, Carter Jenkins e Mira Sorvino interpretan os papeis secundarios. É o terceiro filme da serie cinematográfica After, despois de After (2019) e After We Collided (2020).
A rodaxe principal produciuse en Sofía, Bulgaria a finais de 2020 e foi rodado ao mesmo tempo que After: Amor infinito. Debido a conflitos de programación e restricións de viaxe durante a pandemia de COVID-19, varios personaxes foron reformulados. O filme estreouse en cinemas en varios países europeos o 1 de setembro de 2021 e nos Estados Unidos o 30 de setembro por Vertical Entertainment e Fathom Events. Como os seus predecesores, recibiu críticas negativas, con críticas polo seu guión e interpretación. A súa secuela, After: Amor infinito, estreouse en 2022.
Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Josephine Langford como Tessa Young
- Samantha Clare Fries como Tessa de nena
- Hero Fiennes-Tiffin como Hardin Scott
- Carter Jenkins como Robert
- Louise Lombard como Trish Daniels
- Arielle Kebbel como Kimberley
- Stephen Moyer como Christian Vance[3]
- Mira Sorvino como Carol Young
- Chance Perdomo como Landon Gibson
- Frances Turner como Karen Scott
- Rob Estes como Ken Scott
- Kiana Madeira como Nora
- Atanas Srebrev como Richard Young
- Angela Sari como Lillian
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "After We Fell". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ @Fansubgalego (ed.). "After We Fell subtitulado en galego". Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ N'Duka, Amanda (9 de outubro de 2020). "Stephen Moyer, Mira Sorvino, 'Chilling Adventures of Sabrina's Chance Perdomo & More Join 'After' Sequels". Deadline Hollywood. Consultado o 19 de xullo de 2021.