Wattpad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wattpad logo.svg

Wattpad é unha plataforma para lectores e escritores que pode ser empregada por medio dun sitio web, un ordenador ou dende unha aplicación para móbiles que se pode atopar en Play Store. Os usuarios desta plataforma poden ler e publicar artigos, relatos, poemas, contos, blogs, fanfictions (ou fanfics), historias de ciencia ficción, romance, suspense etc., xa sexa en liña ou a través da aplicación de Wattpad (para iOs e Android). O contido inclúe obras tanto de autores descoñecidos coma coñecidos. Os usuarios poden comentar e votar polas historias ou unirse a grupos asociados co sitio web. Ó redor do 50% da demanda desta rede social procede dos Estados Unidos de América, e en menor medida do Reino Unido, Canadá, Colombia, Venezuela, Arxentina, España, Australia, Chile, Ecuador, Perú, México, República Dominicana, Bolivia e Uruguai.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wattpad - Where stories live". www.wattpad.com. Consultado o 25/1/2020.