Aeroporto internacional Don Mueang
Aeroporto internacional Don Mueang ท่าอากาศยานดอนเมือง
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Real Forza Aérea de Tailandia | ||
Operador | Airports of Thailand PCL (AOT) | ||
Cidade/Illa | Bangkok | ||
Localización | Don Mueang | ||
Elevación (msnm) | 3 metros / 9 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03L/21R | 3 700 | 12 139 | asfalto |
03R/21L | 3 500 | 11 483 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 38 299 757[1] |
O aeroporto internacional Don Mueang (IATA: DMK, OACI: VTBD), tamén coñecido como aeroporto internacional de Bangkok, é un dos dous aeroportos internacionais que serven a área metropolitana de Bangkok, sendo o outro o de Suvarnabhumi.
É un dos aeroportos internacionais máis antigos do mundo e o máis vello operativo en Asia. Foi inaugurado oficialmente como unha base da Real Forza Aérea de Tailandia o 27 de marzo de 1914, aínda que xa viña sendo usado anteriormente. Os voos comerciais comezaron no ano 1924. O primeiro voo comercial foi unha chegada de KLM Royal Dutch Airlines.[2] O aeroporto Don Mueang pechou e foi substituído polo novo aeroporto de Suvarnabhumi no ano 2006, antes de ser reaberto o 24 de marzo de 2007 despois de que se lle realizasen melloras. Dende a apertura do novo aeroporto converteuse nun centro de conexións rexional con moitas aeroliñas de baixo custo operando nel. No ano 2015 converteuse no aeroporto do mundo con máis aeroliñas deste tipo.[3]
Don Mueang foi un importante centro de conexións de Asia e o centro de conexións de Thai Airways International antes do seu peche. Chegou a ser o segundo aeroporto máis concorrido do continente e o 14º do mundo en volume de pasaxeiros. A día de hoxe é o principal centro de conexións para Nok Air, Thai AirAsia, Thai Lion Air e Orient Thai Airlines.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AOT (ed.). "AOT Air Traffic Calendar Year 2016 (Jan-Dec 2016)" (PDF). Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ NHTV (ed.). "Aviation - World's oldest airport makes way for the newest". Archived from the original on 15 de outubro de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
- ↑ Centre for Aviation (ed.). "Bangkok Don Mueang becomes world’s largest LCC airport, overtaking KLIA, Barcelona & Las Vegas". Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Thai AirAsia Adds Schedules India Charter Flights from Feb 2016". Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Thai Lion Air further delays Kochi launch to 1Q18". Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Thai Lion Air files Kunming preliminary schedule in Oct 2017". Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Routes Online (ed.). "Thai Lion Air adds new scheduled charter service to China from late-Sep 2017". Consultado o 28 de febreiro de 2018.