O aeroporto internacional de Wattay(IATA: VTE,OACI: VLVT) é un dos poucos aeroporto internacionais de Laos. Está situado no distrito de Sikhodtabong, a 3 quilómetros do centro de Vientiane, a capital do país. Está formado por unha pequena e vella terminal doméstica e unha terminal internacional nova. Tamén hai instalacións da Forza Aérea de Laos nun dos extremos do aeroporto.