O Aeroporto de Pokhara(IATA: PKR,OACI: VNPK), é un aeroporto rexional que presta servizo á cidade de Pokhara no Nepal. Foi inaugurado o 4 de xullo de 1958, e é operado polo Goberno (Autoridade de Aviación Civil do Nepal). Ofrece conexións regulares con Kathmandú e Jomsom, e temporais a Manang.
Sitúase a tan só 2km do centro da cidade, polo que é posible acceder a pé desde moitas zonas da mesma. A maioría de turistas estranxeiros que chegan a Pokhara fano a través deste aeroporto, en conexión desde o Aeroporto Internacional de Kathmandú.
O 6 de novembro de 1997: Un Avro 748-100 (9N-ACM) de Necon Air, nun voo procedente de Kathmandú, sufriu un fallo no sistema hidráulico ao aterrar no aeroporto de Pokhara e saíuse da pista. O piloto dirixiu o avión de volta á pista despois de 100 m, mais golpeou outro Avro 748 (9N-ACW), de Nepal Airways), que estaba estacionado. Non houbo vítimas mortais entre os 44 pasaxeiros e 4 tripulantes.[7]
O 22 de agosto de 2002: Un De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 300 de Shangri-La Air, nun voo de Jomsom a Pokhara, estrelouse nun outeiro que estaba cuberto polas nubes tras 3 días de choiva continua. Finaron os 3 tripulantes e os 15 pasaxeiros.[8]