Saltar ao contido

Nepal Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Nepal Airlines
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1958 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Royal Nepal Airlines (1958 - 2007) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Royal Nepal Airlines (1958 - 2007) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/04hycw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Nepal Airlines Corporation (nepalí: नेपाल वायुसेवा निगम), anteriormente coñecida como Royal Nepal Airlines (nepalí: शाही नेपाल वायुसेवा) é a aeroliña nacional do Nepal. Fundada no ano 1958, é a aeroliña máis antiga do país. Dende a súa base principal no aeroporto internacional Tribhuvan, en Katmandú, a compañía opera servizos domésticos dentro do Nepal e servizos de medio alcance en Asia. O seu primeiro avión foi un Douglas DC-3 usado para realizar rutas domésticas e cara a un feixe de destinos na India. A compañía mercou o seu primeiro reactor, un Boeing 727, no ano 1972. En marzo de 2018 a aeroliña operaba unha frota de 12 avións. Dende o ano 2013 Nepal Airlines está na lista de aeroliñas prohibidas na Unión Europea.[1]

En marzo de 2018 a frota de Nepal Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota Nepal Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A320-200 2 8 150 158
Airbus A330-200 2 18 256 274 Pedidos a través de Hi Fly[3]
Agárdase que cheguen a Nepal en maio o xuño de 2018.[4]
Boeing 757-200M 1 16 174 190
Xian MA-60 2[5] 56 56 Usados para voos domésticos
de Havilland Canada DHC-6 Twin Otter 3 19 19
Harbin Y-12 4[6] 19 19
Total 12 2
  1. The Himalayan Times (ed.). "EU ban on Nepali airlines continues despite ICAO green signal". Consultado o 10 de abril de 2018.
  2. Planespotters (ed.). "Nepal Airlines Fleet Details and History". Consultado o 10 de abril de 2018.
  3. The Kathmandu Post (ed.). "NAC orders 2 Airbus planes via Hi Fly". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 10 de abril de 2018.
  4. The Kathmandu Post (ed.). "Hi Fly officials coming to discuss Airbus A330-200 details". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 10 de abril de 2018.
  5. Aviation Nepal (ed.). "Nepal Airline 9N-AKR New aircraft landed at tribhuvan international airport". Consultado o 10 de abril de 2018.
  6. Xinhuanet (ed.). "Two new Chinese-made planes delivered to Nepal". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de abril de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]