Adriaan van Maanen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de marzo de 1884 Snits, Países Baixos |
| Morte | 26 de xaneiro de 1946 Pasadena, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade de Utrecht |
| Director de tese | Albertus Antonie Nijland |
| Actividade | |
| Ocupación | astrónomo, escritor de non ficción |
| Empregador | Universidade de Groningen |
| Membro de | |
| Descrito pola fonte | Astronomers: A Biographical Reference |
Adriaan van Maanen, nado o 31 de marzo de 1884 en Snits e finado o 26 de xaneiro de 1946 en Pasadena foi un astrónomo neerlandés-estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Van Maanen naceu nunha familia acomodada de Frisia, estudou astronomía na Universidade de Utrecht e logo traballou brevemente na Universidade de Groninga. En 1911 marchou aos Estados Unidos onde traballou como voluntario no Observatorio Yerkes, ao ano seguinte foi traballar ao Observatorio Mount Wilson e alí permaneceu activo ata a súa morte en 1946. Especializouse na medición do movemento estelar e a determinación das paralaxes co gran reflector de 60 polgadas. Mediu os movementos astrométicos internos en varias galaxias espirais, que supoñían que tales obxectos eran sistemas constituídos por gas e estrelas no interior da Vía Láctea, pero as súas medicións entraron en contradición coas realizadas por Edwin Hubble para a Gran Nebulosa de Andromeda.[1]. En 1935 determinouse que a medición de Hubble era correcta e a de van Maanen incorrecta. A van Maanen tamén se debe o descubrimento da Estrela de Van Maanen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ E. P. Hubble, "Angular Rotations of Spiral Nebulae," Astrophysical fournal,. 81(1935):334-35