Saltar ao contido

Adrián Mouriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdrián Mouriño
Nome orixinalAdrián Mouriño Fernández
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1988 (36 anos)
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,68 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   Celta Fortuna 61(2)
2009–2010   Coruxo FC 31(4)
2010–2011   Montañeros CF 7(0)
2011–2012   CD Ourense 37(6)
2012–2013   Recreativo de Huelva 2(0)
2012–2013   Recreativo de Huelva B 29(6)
2013–2014 Unió Esportiva Sant Andreu 28(2)
2014–   Pontevedra CF

BNE: XX5592314

Adrián Mouriño Fernández, nado o 1 de agosto de 1988 no Porriño, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é a UD Atios, de Terceira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co Celta B en setembro de 2007, nun partido de Segunda B contra o Real Madrid Castilla.[1] No 2008 fichou polo Coruxo, de Terceira,, co que disputou as tempadas 2008/09 e 2009/10, logrando o ascenso a Segunda B. Asinou entón polo Montañeros, tamén de 2ª B, onde xogou durante unha tempada, e en 2011 regresou a Tercera División fichando polo Club Deportivo Ourense, sendo un dos xogadores máis destacados do ascenso do club vermello.[2]

O 10 de xullo de 2012 fichou polo Recreativo de Huelva, sendo asignado ao filial en Terceira. Ademais debutou co primeiro equipo en Segunda División o 26 de outubro contra o FC Barcelona B. O 4 de setembro de 2013 asinou coa UE Sant Andreu, de 2ª, onde xogou unha tempada.

En 2014 asinou polo Pontevedra CF, co que ascendeu esa tempada a Segunda División B, tras xogar 27 partidos e marcar 5 goles. Militou catro anos máis no equipo do Lérez, sendo cedido medio ano na última tempada ao Rápido de Bouzas debido aos poucos minutos dos que dispoñía en Pontevedra.[3] Na tempada seguinte o Pontevedra comunicoulle que non contaba con el, polo que volveu ao Rápido de Bouzas.[4][5]

Na tempada 2020/21 fichou pola UD Atíos, na primeira aparición do club do seu pobo na Terceira División.[6]

  1. "Celta de Vigo B - Real Madrid Castilla". bdfutbol.com. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  2. "El porriñés Mouriño interesa en Huelva". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xuño de 2012. p. 48. 
  3. "Mouriño: "Me voy triste y solo pienso en volver al Pontevedra"". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  4. Nogueira Casás, Xaime (03 de setembro de 2019). "Mouriño: "Aún no me lo creo. No me veo fuera del Pontevedra"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  5. "Adrián Mouriño debuta con el Rápido un mes después de dejar el Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  6. "O Atios comeza cunha vitoria no derbi do Louro". 18 de outubro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]