Adrano
Adranu (scn) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Cidades metropolitanas | Metropolitan City of Catania (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.899 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 83,22 km² ![]() | ||||
Altitude | 560 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Biancavilla (pt) ![]() Belpasso (pt) ![]() Castiglione di Sicilia Maletto Nicolosi Zafferana Etnea Regalbuto (pt) ![]() Sant'Alfio (pt) ![]() Bronte (pt) ![]() Centuripe (pt) ![]() Randazzo ![]() | ||||
Santo padrón | Nicolò Politi (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95031 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 095 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 087006 ![]() | ||||
Código catastral italiano | A056 ![]() | ||||
Sitio web | comune.adrano.ct.it ![]() |

Adrano (en siciliano: Adranu) é unha comuna da provincia de Catania, Sicilia, Italia. Ata 1929 chamada Aderno. Situada na aba do Etna, nas beiras do río Simeto a 584 metros sobre o nivel do mar. 34 290 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]As abas do Etna estiveron habitadas dende o neolítico inferior, contra o século X a.C. comezan a se establecer colonias sículas, que comezan a decaer no século V a.c., a chegada dos gregos data do 400 a.C. cando Dionisio I de Siracusa, funda unha cidade preto do templo dedicado ao deus grego do lume, Hadrano para reforzar a hexemonía de Siracusa na zona. No 344 a. C. ten lugar a batalla de Adranon entre os Timoleonte de Corinto e Iceta de Leontinoi. A cidade foi sometida ao dominio romano no 263 a.C..
No 950 os árabes dominan a cidade durante a que se converte nunha poderosa cidade comercial, no 1075 os normandos fanse co control da cidade.
Dende o século XIV pertence a Matteo Sclafani e despois á familia Moncada ata a abolición dos dereitos feudais.
En 1693 a cidade sofre un gran terromoto que mata a moitos dos seus habitantes. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi bombardeada polos aliados.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Il Castello, castelo normando fundado por Roxerio I
Chiesa Madre, de feitura normanda, cruz latina e tres naves construída entre o XVI e o XX.
Mosteiro de Santa Lucía, fundado en 1596, hoxe escola pública
Igrexa de Santa Lucía reconstruída en 1775
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrano |