Adolfo Torrado Ozores
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1842 |
| Morte | 26 de xullo de 1888 A Coruña, España |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Adolfo Torrado Ozores, nado en 1842 e finado na Coruña o 26 de xullo de 1888, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Torrado Bandín e Carmen Ozores Varela do pazo de Asadelos, en Rianxo. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Carral nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela en 1881 e polo de Corcubión nas eleccións de 1886. Finou na Coruña o 26 de xullo de 1888.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilia Atocha Mira e foi pai de Pedro Torrado Atocha.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Lucense, 28-7-1888, p. 2.