El Anunciador (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Anunciador foi un xornal editado na Coruña entre 1874 e 1895.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Continúa a El Avisador, fundado por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado e Ezequiel Fernández Miranda, que se publicou de 1863 a 1874. Neste ano cambiou o seu título, mantendo como subtítulo Diario de La Coruña y de Galicia ate outubro de 1891. A partir de novembro de 1892 pasou a ser Órgano de la Unión Republicana en la Región Gallega e en decembro dese ano volve a cambiar a Diario de Unión Republicana de La Coruña y de Galicia. En marzo de 1895 cambiou o subtítulo por Diario decano e independiente de La Coruña y de Galicia. Deixou de publicarse en outubro de 1895.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]